Manuel Pardiñas Serrano

anarquista aragonés

Manuel Pardiñas Serrano, nado en El Grado (provincia de Huesca) o 1 de xaneiro de 1886 e finado en Madrid o 12 de novembro de 1912, foi un anarquista aragonés, autor do magnicidio que acabou coa vida do presidente do goberno José Canalejas o 12 de novembro de 1912.

Infotaula de personaManuel Pardiñas Serrano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata
El Grado, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1912 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónterrorista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo do carabineiro licenciado Agustín Pardiñas Ferriz e de María Serrano. Estudou na Escola de Artes e Oficios e traballou como pintor decorador en Zaragoza, Donostia, Biarritz e Baiona (Francia). Marchou á Habana, quizais para evitar o servizo militar, a Bos Aires (de onde foi expulsado en 1909 a raíz do asasinato do coronel Ramón Lorenzo Falcón, xefe de policía da capital federal, a mans do anarquista Simón Radowitzky), e viviu posteriormente na Habana e en Tampa (Florida), antes de volver a Europa, onde residiu uns meses en Francia antes do atentado contra José Canalejas.[1]

O asasinato de Canalejas editar

A mañá do martes 12 de novembro de 1912, tras despachar co rei Afonso XIII, o presidente do goberno español José Canalejas paseaba pola madrileña Porta do Sol, facendo tempo antes do Consello de Ministros, que debía ter ao mediodía, no Ministerio de Gobernación. Tiña ao parecer por costume parar perante o escaparate da Libraría San Martín. Contra as once e vinte, mentres contemplaba un mapa da Primeira Guerra dos Balcáns, que daquela andaba en plena ebulición, «un home louro, con bigote, aspecto xuvenil, barba rala, ben vestido» disparoulle tres tiros cunha pistola Browning de gran calibre, matándoo no acto. Un dos axentes de policía que seguía, a certa distancia, ao presidente, lanzouse sobre Pardiñas quen, véndose atrapado, se suicidou coa arma que levaba[1].

Legado editar

En 1912, Enrique Branco e Adelardo Fernández Arias realizaron unha curtametraxe semidocumental sobre o seu asasinato e enterro titulada Asesinato y entierro de don José Canalejas, a primeira película interpretada polo actor José Isbert, con 26 anos.

Notas editar