Manuel Lueiro Edreira
Manuel Lueiro Edreira, nado en Calo (Teo) e finado no mesmo concello en marzo de 1932,[1] foi un agrarista e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Calo, España |
Morte | marzo de 1932 Teo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Traxectoria
editarEmigrado en Buenos Aires, foi o fundador e primeiro presidente da Sociedad de Residentes de Calo (1907), dirixiu o periódico Teo (1911). Ao regreso a Calo foi directivo da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Calo e fundou e dirixiu o periódico La Defensa de Teo (1912-1916). Representante do Comité Radical de Buenos Aires, en maio de 1913 presentou o mitin de Alejandro Lerroux en Teo. Volveu marchar a Buenos Aires en 1916.[2] Foi correspondente de Gaceta de Galicia na Arxentina. Regresou en 1917 e foi detido con Manuel Nogueira Insua pola súa participación na folga xeral dese ano. Foi redactor-xefe de La Redención en 1919. Volveu marchar a Buenos Aires. Ao regreso opositou a secretario de concello en 1925 e foi funcionario e secretario do concello de Teo. En setembro de 1931 organizou en Calo unha agrupación local do Partido Radical Agrario.
Notas
editar- ↑ Vida Gallega, 30-3-1932, p. 43
- ↑ Gaceta de Galicia , 24-3-1916, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Domínguez Alamansa, Andrés (1997). "O papel da emigración na transformación da sociedade rural galega: Asociacionismo agrario e poder local no concello de Teo. 1900-1936". En Universidade de Santiago de Compostela. Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936). Santiago de Compostela. pp. 467–493. ISBN 84-8121-665-8.