Manuel Nogueira Insua
mestre, agrarista e político galego
Manuel Nogueira Insua foi un mestre, agrarista e político galego.
Manuel Nogueira Insua | |
---|---|
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Sobriño de Antonio Insua Rey. Mestre en Amio. Presidente da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Calo (1916). Foi detido en 1917 con Manuel Lueiro Edreira pola súa participación na folga xeral dese ano. Foi elixido alcalde de Teo en 1922 e permaneceu no cargo ata a ditadura de Primo de Rivera. Foi presidente da Unión Patriótica de Teo.[1] Foi candidato monárquico nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931.[2] Fundou en 1934 a Federación de Sociedades e Sindicatos Agrícolas de Teo, da que foi elixido presidente.
Predecesor: Víctor Bralo Barreiro |
Alcalde de Teo 1922 - 1923 |
Sucesor: Ramón Pascual Iglesias |
Notas Editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-12-1928, p. 13.
- ↑ El Compostelano, 11-4-1931, p. 2.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Domínguez Alamansa, Andrés (1997). "O papel da emigración na transformación da sociedade rural galega: Asociacionismo agrario e poder local no concello de Teo. 1900-1936". En Universidade de Santiago de Compostela. Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936). Santiago de Compostela. pp. 467–493. ISBN 84-8121-665-8.