Manuel Jiménez de Parga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Manuel Jiménez de Parga y Cabrera, nado en Granada o 9 de abril de 1929 e finado en Madrid o 6 de maio de 2014, foi un xurista, político e diplomático español.
Manuel Jiménez de Parga | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de abril de 1929 |
Lugar de nacemento | Granada |
Falecemento | 7 de maio de 2014 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Granada, Universidade de Madrid, Universidade de Heidelberg, Universidade de Múnic, Universidade de París e Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | político, diplomático, profesor universitario, xurista e avogado |
Cónxuxe | Elisa Lamas |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Grand Cross of the Order of the Second of May, doutor honoris causa pola Universidade Rey Juan Carlos e Orde do Mérito Constitucional |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Foi profesor encargado da cátedra de Dereito político na Universidade de Madrid (1956) e catedrático por oposición da Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona (1957-1977). Decano da Facultade de Dereito (1976) e Reitor, en funcións, da Universidade de Barcelona (1976-1977). Deputado nas cortes constituíntes (1977). Ministro de Traballo (1977-78) e Embaixador-Representante permanente de España ante a OIT (Xenebra, 1978-1981) e presidente da Conferencia Interamericana de Traballo (1980).
Licenciado en Dereito con Premio Extraordinario pola Universidade de Granada (1951) e Doutor en Dereito pola Universidade de Madrid (1953), ampliou os seus estudos nas Universidades de Heidelberg, Múnic e París.
Catedrático de dereito constitucional na Universidade de Madrid (1981-1995). Conselleiro de Estado (1986-1995). Maxistrado do Tribunal Constitucional (1995), Presidente do Tribunal Constitucional (2001-2004).
Fundou o bufete Jiménez de Parga Avogados.
Predecesor: Álvaro Rengifo Calderón |
Ministro de Traballo 1977 - 1978 |
Sucesor: Rafael Calvo Ortega |
Predecesor: Pedro Cruz Villalón |
Presidente do Tribunal Constitucional 2001 - 2004 |
Sucesor: María Emilia Casas |
Recoñecementos e distincións Editar
Foi Doutor honoris causa da Universidade de Bordeos (1962), e da Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid (2004). Profesor emérito da Universidade de Bauru, São Paulo (Brasil, 1969). Membro da Orde do Mérito Constitucional (8-12-1988). Membro da Academia Nacional de Dereito e Ciencias Sociais (Córdoba, Arxentina, 1994). Gran Cruz de Carlos III, máxima condecoración do Reino de España (24-2-1978). Medalla de Ouro de "Ramón Carande" (10-10-97). Gran Cruz de Afonso X o Sabio, ao xubilarse como Catedrático logo de máis de 45 anos de docente (25-6-99). Medalla de Servizos Prestados á Universidade (28-1-2000). Académico de Honor da Real de Xurisprudencia e Lexislación de Granada (14-5-2000). Premio Pelayo na súa VIII Edición para Xuristas de recoñecido prestixio (2002). Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort (5-12-2013).
Outras distincións Editar
- Medalla da Orde do Mérito Constitucional.
- Fillo Predilecto de Andalucía (19/02/2002).
- Medalla de Ouro ao Mérito pola Cidade de Granada.
- Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio (2002).
- Gran Cruz da Orde do Dous de Maio.