Elisa Lamas
Elisa Maseda Arango, coñecida como Elisa Lamas, nada en Mondoñedo en 1929 e finada o 27 de maio de 2012, foi unha xornalista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Elisa Maseda Arango ![]() 1929 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Morte | 27 de maio de 2012 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Pseudónimo literario | Elisa Lamas ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Jiménez de Parga (1956–2012) ![]() |
Pai | Antonio Maseda Bouso ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFilla de Antonio Maseda Bouso. Fixo o bacharelato por libre. Estudou Dereito na Universidade de Salamanca. Traballou en Madrid nas revistas católicas Signo e Cumbre. Asistiu aos cursos de Xavier Zubiri, onde coñeceu a Manuel Jiménez de Parga, co que casou en 1956. Nos aos sesenta e setenta foi unha das líderes dun movemento feminista que loitaba contra a marxinación da muller, xunto a María Aurelia Capmany, Lidia Falcón, Carmen Alcalde e Magda Oranich. Colaborou nas revistas Destino e El Ciervo e nos periódicos La Vanguardia e Diario 16 con artigos sobre o feminismo, o novo rumbo da Igrexa, a democracia e a liberdade. Foi procesada catro veces polo TOP polos seus artigos en Destino. nas eleccións xerais de 1977 foi candidata ao Congreso pola provincia de Barcelona nas listas da UCD.
Obras
editar- Once historias perversas y una ejemplar, 1986.