Manuel Ignacio de Vivanco

Manuel Ignacio de Vivanco Iturralde, nado en Valparaíso o 15 de xuño de 1806 e finado en Lima o 16 de setembro de 1873, foi un militar e político peruano, gobernante de facto do Perú entre 1843 e 1844.[1]

Modelo:BiografíaManuel Ignacio de Vivanco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1806 Editar o valor en Wikidata
Lima, Perú Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 1873 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Valparaíso, Chile Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPresbítero Matias Maestro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente do Perú
7 de abril de 1843 – 17 de xuño de 1844
← Juan Antonio PezetDomingo Elías →
Member of the Senate of Peru (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, diplomático Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Vinculado á aristocracia colonial limeña, representou as tendencias autoritarias e aínda certo monarquismo nostálxico. Foi un conspirador obstinado, con grande influencia en parte polo propio encanto da súa personalidade e a súa ilustración; pero careceu de sentido práctico e da audacia necesaria para a realización dos seus plans, e sempre foi desprazado por outros caudillos, máis pragmáticos e efectivos. A súa tenaz rivalidade con Ramón Castilla marcou toda unha etapa da historia republicana do Perú.

Supremo Director da República (1843-44)

editar

Despois da batalla de Ingavi, onde falecese Gamarra tras invadir Bolivia (18 de novembro de 1841), Vivanco retornou ao Perú á fronte dunha columna de prisioneiros e entregou o seu mando ao coronel Manuel de Mendiburu, prefecto de Tacna, pasando a establecerse en Arequipa. Alí secundou o pronunciamento efectuado en Cuzco por Juan Francisco de Vidal (28 de xullo de 1842), quen logo de ocupar o poder ascendeuno a Xeneral de Brigada e nomeouno ministro de Guerra. Pero en lugar de trasladarse á capital, Vivanco formou forzas no sur e sublevouse contra Vidal, proclamándose "Supremo Director da República" (28 de xaneiro de 1843). Enviou ao xeneral Juan Antonio Pezet a ocupar Lima no seu nome.

Instalou o seu goberno o 7 de abril de 1843 e, pretendendo consolidar a súa autoridade, aos poucos foille imprimindo unha tinguidura excesivamente personalista, chegando a extremos tales como a imposición a civís e militares dun xuramento de fidelidade á súa persoa, a creación dun cartón de prata, cuxos posuidores eran os únicos que tiñan acceso ao despacho presidencial, a subscrición de numerosas ordes de desterro e de decretos ameazantes contra os infractores da lei. Pronto se iniciou en Tacna e Moquegua un movemento constitucionalista encabezado polos xenerais Domingo Nieto e Ramón Castilla, e para facerlle fronte houbo Vivanco de abandonar Lima (30 de novembro). Foi derrotado na batalla de Carmen Alto, preto do pobo do mesmo nome en Arequipa, o 22 de xullo de 1844.