Manuel Canabal Fiestra

futbolista galego

Manuel Canabal Fiestra, nado en Nercellas (Forcarei) o 10 de novembro de 1974, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Manuel Canabal
Información persoal
Nome Manuel Canabal Fiestra
Nacemento 10 de novembro de 1974 (49 anos)
Lugar de nacemento Nercellas
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1996 Leganés 1 (0)
1996–1997 Mérida 36 (10)
1997–1998 Real Madrid 0 (0)
1997–1998Valladolid (cedido) 15 (1)
1998–1999 Alavés 30 (5)
1999–2000 Rayo Vallecano 33 (11)
2000–2004 Málaga 95 (11)
2004–2005 Pontevedra 23 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Despois de pasar polo Pontevedra CF e o CD Leganés, fichou polo CP Mérida en 1995. Esa tempada formou parte do equipo filial, debutando na primeira división en marzo de 1996 contra o Sporting de Gijón. Logo doutro ano en Mérida en segunda división, o Real Madrid fichouno por 800 millóns de pesetas. Porén, non chegou a debutar en partido oficial co equipo branco, adestrado por Jupp Heynckes. Foi cedido ao Real Valladolid, e ao ano seguinte fichou polo Deportivo Alavés.

En 1999 fichou polo Rayo Vallecano, anotando 11 goles en 33 partidos, rematando o equipo en novena posición. Xa no ano 2000 foi fichado polo Málaga CF, onde estivo catro tempadas, gañando a Copa Intertoto en 2003.

En 2004 regresa ao Pontevedra CF, retirándose ao ano seguinte por unha lesión nas costas.

Palmarés editar

Málaga