Manuel Cajaraville Pensado

Bailador e coreógrafo

Manuel Cajaraville Pensado, nado en Negreira o 23 de xaneiro de 1926, e finado na Coruña o 26 de setembro de 1999, foi un coreógrafo, folclorista e mestre de baile tradicional galego.

Manuel Cajaraville Pensado
Pandeireteiras de Mens.jpg
Manuel Cajaraville coas pandeireteiras de Mens
Nacemento23 de xaneiro de 1926
 Negreira
Falecemento26 de setembro de 1999
NacionalidadeGaliza
Ocupacióncoreógrafo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciouse no baile tradicional desde moi novo nas romarías e foliadas da súa Negreira natal. Despois da guerra civil emigrou á Coruña onde, após gañar o primeiro concurso de baile da Romaría de Santa Margarida, ingresou como bailador no coro Cantigas da Terra.

Desde a década de setenta percorreu Galiza facendo recolleitas de música e baile por vilas e aldeas. Froito destes traballos recuperou na vila de Muros un baile case esquecido, o fandango e coñeceu, no concello de Malpica, ás pandeireteiras da vila de Mens. Cativado pola música, incorporounas ao espectáculo da agrupación folclórica Aturuxo, da que era por aquel entón director artístico. O éxito das pandeireteiras de Mens fixo que axiña xurdisen outros grupos de pandeireteiras dentro e fora das agrupacións folclóricas.

Foi condecorado coa medalla "Marcial del Adalid" da Real Academia de Belas Artes. Finou na Coruña no 1999.

ObraEditar

  • Debullando folclore - La voz de Galicia (1983)[1]

NotasEditar

  1. "Debullando Folklore". todocoleccion.net (en castelán). Consultado o 2021-03-22. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar