Mank
Mank é un filme estadounidense de 2020 dirixido por David Fincher. Conta a historia do guionista Herman J. Mankiewicz e o seu desenvolvemento de Cidadán Kane (1941). Foi producido por Ceán Chaffin, Douglas Urbanski e Eric Roth. Está protagonizado por Gary Oldman, xunto con Amanda Seyfried, Lily Collins, Arliss Howard, Tom Pelphrey, Sam Troughton, Ferdinand Kingsley, Tuppence Middleton, Tom Burke, Joseph Cross, Jamie McShane, Toby Leonard Moore, Monika Gossmann e Charles Dance.
Mank | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mank |
Director | David Fincher |
Produtor | |
Guión | Jack Fincher |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Erik Messerschmidt |
Montaxe | Kirk Baxter |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Modelo:USABb 13 de novembro de 2020 |
Duración | 131 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama biográfico |
Orzamento | 25 millóns de dólares[3] |
Recadación | 122 252 dólares[4] |
Na rede | |
|
O pai de David Fincher, Jack Fincher escribiu o guión na década de 1990, e David quixo realizar o filme despois de rematar The Game (1997), con Kevin Spacey e Jodie Foster nos papeis principais. O proxecto finalmente non se levou a cabo e Jack Fincher morreu en 2003. O proxecto foi retomado e anunciado oficialmente en xullo de 2019. A rodaxe levouse a cabo nos Ánxeles dende novembro de 2019 até febreiro de 2020. Para render homenaxe ós filmes da década de 1930, Mank foi rodado en branco e negro empregando cámaras RED.
Personaxes
editar- Gary Oldman como Herman J. Mankiewicz
- Amanda Seyfried como Marion Davies
- Lily Collins como Rita Alexander[5]
- Arliss Howard como Louis B. Mayer
- Tom Pelphrey como Joseph L. Mankiewicz
- Charles Dance como William Randolph Hearst
- Sam Troughton como John Houseman
- Ferdinand Kingsley como Irving Thalberg
- Tuppence Middleton como Sara Mankiewicz
- Tom Burke como Orson Welles
- Joseph Cross como Charles Lederer
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Mank (2020)". AFI Catalog of Feature Films. 20 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ Sneider, Jeff (7 de outubro de 2020). "David Fincher's 'Mank' Sets December Release Date on Netflix". Collider. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2020. Consultado o 7 de outubro de 2020.
- ↑ Moye, Clarence (5 de febreiro de 2021). "'Mank' Production Designer Donald Graham Burt On Recreating 1930s Hollywood, Hearst Castle". Awards Daily. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2021. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ "Mank (2020) - Financial Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ Higham, Charles (1985). Orson Welles: The Rise and Fall of an American Genius. New York: St. Martin's Press. ISBN 0-312-31280-6.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Mank na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)