Malva
Malva brava | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Malva sylvestris' L., Sp. Pl., vol. 2: 689, 1753 [1] |
A malva brava ou malva común (Malva sylvestris) é unha planta herbácea da familia das malváceas, moi abundante en toda Europa nos beirados dos camiños e en terreos tanto cultivados coma incultos.
Descrición
editarÉ unha perenne herbácea ou algo lígnea na base, de até 2 m de altura. Xeralmente posúe hábito erecto, con ramificacións. O talo pode ser glabrescente a pubescente. As follas son palmatífidas, alternas e pecioladas.
Florea na primavera deica mediados do verán, producindo inflorescencias en forma de acio de cimas helicoidais; as flores, hermafroditas miden entre 2 e 6 cm de diámetro, con pétalos purpúreos ou rosa, con veas máis escuras. O periantio é pentámero, con calículo de 3 pezas soldadas na súa base. As flores fechan á noitiña e cando vai mal tempo para protexer o pole. A polinización é esencialmente entomógama, aínda que son capaces de se autopolinizar.
O froito é unha cápsula (esquizocarpo) formada por varios mericarpos, de forma de ril, de cor parda e con costelas laterais sinuadas en abano radial.
Hábitat e distribución
editarÉ moi abundante en terreos ermos, hortas, leiras, beiras dos camiños, entullos e xardíns cando están desleixados. O lugar de orixe é Europa, Asia occidental e norte de África. Introduciuse en América central e do Norte, onde a consideran planta invasora.
Usos medicinais
editarExiste unha industria farmacolóxica arredor da malva, pois se coñecen nesta planta principios activos de certa importancia como a arabinosa, a ramnosa e pequenas cantidades de taninos.
Adoitan utilizarse, na medicina popular, as follas,talo e flores coma emoliente para ser aplicada en enemas e furúnculos, e en forma de tisana contra a tose.[1]
Coas follas da malva faise un té que serve para aliviar a febre; tómanse de dúas a tres cuncas ao día.
Etnografía
editarÉ unha planta considerada máxica e medicinal nas tradicións e crenzas galegas, sendo unha das sete herbas de San Xoán.
Enfermidades da planta
editarAcostuma ser atacada por fungos do xénero Puccinia, producindo a roia alaranxada.
Números cromosomáticos de Malva sylvestris é táxones infraespecificos:[2] 2n=42.[3]
Sinonimia
editar- Althaea godronii Alef.
- Althaea mauritiana Alef.
- Malva ambigua Guss.
- Malva erecta C.Presl in J.Presl & C. Presl
- Malva erevaniana Takht.
- Malva hirsuta C. Presl
- Malva hirsuta auct. , non Aubl. nec Ten.
- Malva grossheimii Iljin
- Malva longelobata Sennen
- Malva longepedunculata Sennen
- Malva mauritiana L.
- Malva polymorpha Guss.
- Malva sylvestris subsp. ambigua (Guss.) P.Fourn.
- Malva sylvestris subsp. erecta (C. Presl)Nyman
- Malva sylvestris subsp. mauritiana (L.) Cout.
- Malva sylvestris var. mauritiana (L.) Boiss.
- Malva sylvestris subsp. vivianiana (Rouy) P. Fourn.
- Malva tomentella C. Presl
- Malva vivianiana Rouy[3][4][5]
Galería
editar-
Flor dunha malva en Galiza.
-
Planta madura (Torrevieja, Alacant-España)
-
Flores en Miguelturra (Campo de Calatrava, España)
Notas
editar- ↑ Font Quer, P. - Plantas Medicinales - El Dioscórides renovado, p. 404-405. Editorial Labor, SA, Barcelona, 1980
- ↑ Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. XVI. Malvaceae Queirós, M. Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 187-199 (1977).
- ↑ 3,0 3,1 "Malva sylvestris". www.floraiberica.es. Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ The Euro+Medit PlantBase
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Malva |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Malva |