Macizo etíope
O macizo etíope é unha masa de montañas en Etiopía, Eritrea e o norte de Somalia no leste de África. O macizo etíope é a maior área continua desta altitude en todo o continente, con pouca superficie inferior aos 1500 metros de altitude; os picos alcanzan os 4550 metros. A miúdo chámase o "teito de África".[1]
Tipo | cordilleira gran provincia ígnea ecorrexión da WWF | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Gran Val do Rift | |||
Localización | ||||
División administrativa | Etiopía | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 4.550 m | |||
Punto máis alto | Ras Dashan (4.533 m ) | |||
Material usado | rocha volcánica | |||
Xeografía
editarO macizo está dividido nas partes do noroeste e do sueste polo Val do Gran Rift, que contén un gran número de lagos salgados. A parte noroeste cobre a rexión de Tigray e a rexión de Amhara e inclúe as montañas Semien, parte delas dentro dun parque nacional. O seu pico máis alto é o Ras Dashan (4550 m), que é o punto máis alto de Etiopía. O lago Tana, fonte do Nilo Azul, tamén se atopa na parte noroeste da meseta.
A parte sueste atópase na zona de Bale de Etiopía, rexión de Oromia. As montañas de Bale son tamén un parque nacional con altitudes duns 4000 metros como o monte Tullu Demtu (4337 m), segundo punto máis alto de Etiopía.
Ecoloxía
editarDebido á súa grande altitude, esta parte de Etiopía ten un clima temperado, a pesar de estar preto do ecuador; ademais, as montañas capturan as choivas monzónicas do océano Índico cunha estación húmida que vai dende xuño ata mediados de setembro.[2] Grazas a estas choivas o Nilo ten augas altas no verán, o que sorprendeu aos antigos gregos.
O macizo ten unha flora e fauna similares a outras rexións de montaña africana; coñecida como Afromontana, mais no momento da última glaciación tiña algunha flora paleártica eurasiática. Divídese en tres ecorrexións diferentes segundo a altitude. A ecorrexión do bosque montañoso etíope entre 1100 e 1800 metros, en pradeiras e sabanas de monte baixo. O Kolla é un bosque aberto dominado por especies de Terminalia, Commiphora, Boswellia e Acacia. O Weyna Dega é un bosque de zonas máis altas e húmidas dominadas por coníferas Afrocarpus gracilior e Juniperus procedra. No bosque de Harenna hai bosques con Warburgia ugandensis, Croton macrostachyus , Syzygium guineese e Afrocarpus gracilior, coa Coffea arabica silvestre como arbusto dominante.
O prado e a matogueira de montaña é o máis extenso dos biomas do macizo; ocupa unha superficie comprendida entre os 1800 e os 3000 metros sobre o nivel do mar. A vexetación natural é un bosque denso nas zonas máis húmidas e pradeiras e matogueiras en seco. Non obstante, esta área ten bos solos e está moi poboada con poucas zonas non agrícolas, incluída a capital, Adís Abeba. Os bosques restantes teñen especies de Podocarpus e Juniperus procera, a miúdo con Hagenia abyssinica. No bosque de Harenna hai áreas de Pouteria e Olea con lianas e epífitos. Por riba dos 2400 metros hai unha zona arbustiva con Hagenia, Schefflera e lobelias xigantes (Lobelia gibberroa). O bosque perenne das montañas de Semien entre os 2300 e os 2700 metros está dominado por Syzygium guineense, Juniperus procedra e Olea africana.
Hai moitos réptiles, aves e animais endémicos como a Capra walie. O Tragelaphus buxtoni está restrinxido ao sur. Tamén hai Colobus guereza, Papio anubis, o chacal dourado, o leopardo, Crocuta crocuta, o caracal, o serval, Sylvicapra grimmia e Potamochoerus porcus.
Por riba dos 3000 metros atópanse as turbeiras de Etiopía, que están sobre a liña das árbores ou da liña de crecemento das árbores, e son pradeiras e turbeiras con moitas gramíneas e algúns arbustos; hai animais endémicos como Canis simensis e Tachyoryctes macrocephalus.
Notas
editar- ↑ Paul B. Henze, Layers of Time (Nova York: Palgrave, 2000), p. 2.
- ↑ Unha explicación deste padrón especial de choivas pódese atopar en Ethiopia: Drought intensifies during corn and sorghum harvest (ReliefWeb)