Capra walie

especie de mamífero endémica de Etiopía

A Capra walie (en ge'ez: ዋልያ; wālyā) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Bovidae, en grave perigo de extinción, pois quedan só uns 500 exemplares concentrados nas montañas Semien, en parte debido á caza furtiva e á perda de hábitat.[2] É un mamífero endémico dalgunhas zonas montañosas etíopes. Os cornos, de mediana lonxitude, forman máis ou menos un medio arco circular. Na fronte ten unha protuberancia ósea; a barba é medianamente longa.

Hábitat e ecoloxíaEditar

A especie habita na alta montaña dos páramos montanos de Etiopía, en escarpes rochosos entre os 2.500 e 4.500 metros. O seu hábitat é o bosque de montaña, as pradarías sub-alpinas, e as matogueiras, onde pastan. A súa dieta inclúe arbustos, líquenes, herba e plantas trepadoras. A miúdo sostéñense sobre as súas patas traseiras para alcanzar máis altura. Moi activas pola mañá, gústalles repousar ó sol nas repisas rochosas. Os machos viven en grupos separados das femias, que viven coas súas crías en grupos de arredor de 20 individuos. Estímase que unha manda percorre habitualmente de 1,5 a 2 km ó día. O período de celo esténdese de marzo a maio. Os machos compiten polas femias mediante loitas nas que chocan as súas cornamentas. O período de xestación dura 150-165 días. Alcanzan a madurez sexual ó primeiro ano.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar