Montañas Semien

cadea montañosa do norte de Etiopía

Coordenadas: 13°29′34″N 38°26′37″L / 13.4928, 38.4436

As montañas Semien (en amhárico: ስሜን ተራሮች; tamén escrito Səmen, Simien ou Simen) son unha cadea montañosa que se atopa no norte de Etiopía, formando parte do altiplano de Etiopía. Forman parte do parque nacional de Simien e son Patrimonio da Humanidade.

Montañas Semien no ano 2011.

Características editar

Están compostas por mesetas separadas por vales, e por pináculos que se erguen por enriba dos 4 000 msnm. O punto máis elevado é o monte Ras Dashan con 4 543 metros sobre o nivel do mar, a montaña máis alta de Etiopía. Salientan ademais outros cumios como o Abba YYared de 4 460 msnm, e o Biuat, con 4 437 msnm. É un dos poucos lugares de África onde neva con regularidade.

Malia o seu carácter escarpado e da súa altura, as montañas presentan numerosas vilas e aldeas. Historicamente estaban habitadas polos xudeus de Etiopía, mais logo de repetidos ataques dos emperadores cristiáns, no século XV retiráronse á antiga provincia de Dembiya, na actual zona de Gondar, na rexión Amhara.

Fauna editar

 
Theropithecus gelada.

As súas ladeiras serven de ecosistema para diversas especies de animais, varias das cales son endémicas, tales como a Capra walie, o Canis simensis ou o Theropithecus gelada, un tipo de babuíno que só vive nas terras altas etíopes e eritreas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar