Rexión de Amhara

estado rexional de Etiopía

Coordenadas: 11°39′39″N 37°57′28″L / 11.6608, 37.9578

Rexión de Amhara (en amhárico: አማራ; ʾÄmara) é un das nove divisións étnicas de Etiopía, sendo o fogar dos amháricos. Outrora coñecida como "Rexión 3", a súa capital é Bahir Dar. O meirande corpo de auga de Etiopía, o lago Tana, que é a fonte do río Nilo Azul, atópase na rexión de Amhara. A rexión tamén contén o Parque nacional de Simien, que inclúe Ras Dashan, o punto máis alto do país. Amhara limita co Sudán polo oeste e o noroeste, e coas rexións etíopes de Tigray polo norte, de Afar polo leste, Benishangul-Gumuz polo suroeste e Oromia polo sur.

Amhara
አማራ
Bandeira de Amhara
Bandeira
Amhara in Ethiopia.svg
EstadoFlag of Ethiopia.svg Etiopía
CapitalBahir Dar
 • Poboación750 991 hab. (2016)
Lingua oficialAmhárico
Forma de gobernoRexión
Presidente
Lake Ayelew
Fundación1992
SuperficiePosto 3 de 9º
 • Total154.708,96 km²
PoboaciónPosto 2 de 9º
 • Total21 134 988 (2017)[1] hab.
 • Densidaden/d
Fuso horarioUTC+3
Código ISOET-AM

O goberno de Amhara componse do poder executivo, liderado polo presidente, o poder lexislativo que comprende o Consello de Estado e o poder xudicial, liderado pola Corte Suprema do estado.

NotasEditar

  1. Federal Democratic Republic of Ethiopia Central Statistical Agency (ed.). Population Projection of Ethiopia for All Regions At Wereda Level from 2014 – 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar