Macarena García
Macarena García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi, coñecida como Macarena García, nada en Madrid o 26 de abril de 1988, é unha actriz e cantante española que participou en diversos musicais, series de televisión e cine. É irmá do tamén actor Javier Ambrossi.
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1988 (36 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | actriz, cantante, actriz de cinema, ximnasta artística |
Período de actividade | 2008 - |
Deporte | ximnasia artística |
Familia | |
Parella | Leiva |
Nai | Amairani |
Irmáns | Javier Ambrossi |
Parentes | Javier Calvo, cuñado |
|
Traxectoria
editarCursou primeiro de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid antes de dedicarse por completo ao seu traballo de actriz.
Comezou a súa formación aos oito anos coa ximnasia artística. Aos catorce comezou a compaxinalo co baile, tanto moderno como funk, na escola Carmen Senra e na Academia Broadway. Durante varios anos recibiu clases particulares de canto con Rosario Ruiz e Nora Troyani. Nos últimos anos ademais complementou a súa formación con clases de guitarra con Nuria Zamora.
Conseguiu o seu primeiro papel nun musical aos trece anos, cando interpretou a Canelilla en En el nombre de la Infanta Carlota, de Jana Producciones, musical que estivo en cartel durante varias tempadas no Teatro de Madrid. Posteriormente traballou no musical sobre High School Musical con Daniel Diges.[1]
A partir de aí, participou en diversas series de televisión como Hospital Central, Punta Escarlata ou El internado pero o papel que a dá a coñecer ao gran público é o de Chelo, a filla dos porteiros en Amar en tiempos revueltos entre 2010 e 2012. En 2013, traballou na serie de Antena 3, Luna, el misterio de Calenda. Entre 2014 e 2015 participou na serie B&b, de boca en boca da cadea Telecinco xunto aos seus compañeiros Fran Perea e Belén Rueda.
En cine, foi a protagonista da adaptación española de Blancanieves dirixida por Pablo Berger e estreada en 2012. Un traballo que lle reportou premios moi importantes como a Cuncha de Prata á mellor actriz do Festival de Cine de Donostia e o seu primeiro Premio Goya á mellor actriz revelación.
Filmografía
editarCinema
editarAno | Título | Personaxe | Director/a | Notas |
---|---|---|---|---|
2012 | Blancanieves | Carmen | Pablo Berger | Personaxe principal |
2014 | Todos están muertos | Nadia | Beatriz Sanchís | Personaxe principal |
2015 | Palmeras en la nieve | Julia | Fernando González Molina | Personaxe principal |
2016 | Villaviciosa de al lado | Sole | Nacho G. Velilla | Personaxe principal |
2017 | La llamada | María Casado | Javier Ambrossi e Javier Calvo | Personaxe principal |
2018 | Que baje Dios y lo vea | Sara | Curro Velázquez | Personaxe principal |
2019 | A pesar de todo | Lucía | Gabriela Tagliavini | Personaxe principal |
2019 | Ventajas de viajar en tren | Rosa | Aritz Moreno | Personaxe principal |
2020 | El arte de volver | Pedro Collantes | Personaxe principal |
Televisión
editarAno | Título | Personaxe | Canle | Notas |
---|---|---|---|---|
2009 | Hospital Central | Cristina | Telecinco | 1 episodio |
2010 | El pacto | Ana Alcides | Telecinco | Telefilme |
2010 | El Internado | Gema | Antena 3 | 6 episodios |
2010-2012 | Amar en tiempos revueltos | Consuelo Muñoz Ruiz "Chelo" | TVE | 337 episodios |
2011 | Punta Escarlata | Raquel Solís | Telecinco | 8 episodios |
2011 | Hospital Central | Sol Martí | Telecinco | 2 episodios |
2012 | Amar en tiempos revueltos: La muerte a escena | Chelo Muñoz Ruiz | TVE | Telefilme |
2012-2013 | Luna, el misterio de Calenda | Vera Mendoza Morales | Antena 3 | 20 episodios |
2013 | Niños robados | Violeta | Telecinco | Telefilme |
2014-2015 | B&b, de boca en boca | Sonia Balboa Bermejo | Telecinco | 29 episodios |
2015 | La española inglesa | Isabel | TVE | Telefilme |
2016; 2019 | Paquita Salas | Macarena García | Flooxer / Netflix | 2 episodios |
2017; 2020 | El ministerio del tiempo | Dolores "Lola" Mendieta (moza) | TVE | 11 episodios |
2018-2019 | La otra mirada | Manuela Martín Casado | TVE | 21 episodios |
2021–2022 | Paraíso | Paula Costa | Protagonista; 15 episodios | |
2022 | Las últimas de la fila | Pilu | Colaboración especial; 2 episodios | |
2023 | La Mesías | Irene | Movistar Plus+ | Protagonista; 7 episodios |
Teatro
editarAno | Título | Personaxe | Director |
---|---|---|---|
2001 | En el nombre de la Infanta Carlota | Canelilla | Javier Muñoz |
2008 | High School Musical | Gabriella Montez | Ariel del Mastro |
2013-2017 | La llamada | María Casado | Javier Ambrossi e Javier Calvo |
Premios
editarAno | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Cuncha de Prata á mellor actriz | Blancanieves | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor actriz revelación | Blancanieves | Gañadora[2] |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor actriz de teatro | La llamada | Gañadora |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actriz de repartimento de televisión | Amar en tiempos revueltos | Candidata |
- Festival do Cine e a Palabra (CiBRA)
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor personaxe adaptado | Blancanieves | Gañadora |
- Outros
- Premio á Mellor actriz no XX Certame Nacional de Curtos da Semana do Cine Español de Mula 2013 por "La Niña"[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macarena García |