Mário Ferreira

empresario portugués
(Redirección desde «Mário dos Santos Ferreira»)

Mário Nuno dos Santos Ferreira, nado en Matosinhos en 1968, é un empresario portugués.[1] Construíu un exitoso negocio a partir de cruceiros polo río Douro, que o converteu nun dos homes máis ricos de Portugal.

Infotaula de personaMário Ferreira

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Matosinhos, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Pasou a súa infancia en Leça da Palmeira e aos 14 anos comezou a viaxar a Inglaterra durante o verán para estudar e traballar. Aos 16 anos deixou a escola e trasladouse a Gran Bretaña, onde traballou como camareiro durante tres anos e dirixiu un restaurante no seu cuarto ano alí. Aos 20 comezou a traballar como camareiro en cruceiros de Cunard Line. En 1992, regresou a Portugal e abriu un restaurante.[2]

Ferreira & Reynolds e Pluris

editar

En 1993 entrou no sector dos cruceiros fluviais coa empresa Ferreira and Reynolds. En 1996, fundou DouroAzul, que ofrece cruceiros diarios e utilizaba buques hotel para cruceiros polo río Douro.[1] Nos anos seguintes, ampliou as súas actividades con varios hoteis e restaurantes. En 2008, creou Mystic Invests (posteriormente Pluris Investments) para coordinar as súas diversas actividades empresariais. Retomou os estudos e obtivo unha licenciatura en Dirección de Empresas Turísticas en 2011. En 2018, fundou Mystic Cruises para cruceiros marítimos. O seu grupo Pluris agrupa agora a máis de 40 empresas, que non só fan turismo náutico.[3]

Mass media

editar

É o presidente e posúe o 30% (comprado ao grupo Prisa) de Media Capital,[3] unha importante compañía de medios de comunicación portuguesa con participacións como CNN Portugal.[4] [5]

Viaxe espacial

editar

O 4 de agosto de 2022, o Mário Ferreira converteuse no primeiro portugués en viaxar ao espazo exterior.[6] Como parte da misión Blue Origin NS-22, Ferreira despegou desde Corn Ranch, Texas, a bordo do New Shepard, xunto a xente como Sara Sabry, a primeira persoa de Exipto en viaxar ao espazo​.[7]

Investigación da Fiscalía de Portugal

editar

Mário Ferreira foi investigado no marco do Caso Ferry[8] por posibles crimes de fraude fiscal e branqueo de capitais relacionados coa compra-venda do ferry Atlântida.[3] En 2014, Ferreira adquiriu o navío á comisión liquidataria dos Estaleiros Navais de Viana do Castelo por 8,75 millóns de euros, vendéndoo un ano despois a unha empresa norueguesa por aproximadamente 17 millóns.[9]

Ademais, a súa empresa Pluris, principal beneficiaria do programa de recapitalización de empresas financiado con fondos europeos para a pandemia, recibiu 40 millóns de euros deste programa, unha cantidade catro veces superior ao límite establecido polo regulamento. Esta asignación levantou críticas do Bloco de Esquerda, que cuestionou a idoneidade de tal axuda dada a situación legal de Ferreira.[10][11]

Minaría

editar

En marzo de 2024, adquiriu unha participación do 4,6% en Savannah Resources, que está a desenvolver a mina a ceo aberto de litio máis grande de Europa, Barroso Lithium​, no Norte de Portugal.[12][13] Esta mina ten como obxectivo fornecer unha fonte local a longo prazo de litio para a cadea de valor das baterías, coa produción prevista para comezar en 2026​. O proxecto ten recibido críticas debido aos seus supostos impactos ambientais e sociais, xa que pode afectar o ecosistema local e as fontes de auga. A empresa presentou varias veces a avaliación de impacto ambiental á Agência Portuguesa do Ambiente (APA), que foi revisada e requiriu modificacións antes da súa aprobación​.[14][15] Ademais, hai resistencia da comunidade local en Boticas, preocupada pola posible polución, a perda de terras agrícolas e o impacto na calidade de vida.[16][17]

  1. 1,0 1,1 "Grupo_Douroazul-46". douroazul.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2012. .
  2. "A journey through the empire of Mário Ferreira". Revista PRÉMIO (en inglés). 2021-04-06. Consultado o 2024-07-03. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Constenla, Tereixa (2022-07-07). "La Fiscalía de Portugal investiga al rey del turismo náutico por fraude en la compra-venta de un ferry". El País (en castelán). Consultado o 2024-07-03. 
  4. "- Mediacapital". www.mediacapital.pt. Consultado o 2024-07-03. 
  5. Siegel, Tatiana (2023-07-25). "Inside the Battle for CNN: Jeff Zucker, David Zaslav, Chris Licht and 18 Months of Crazy Backstabbing". Variety (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  6. "Nave-espacial-com-Mario-Ferreira-aterrou-com-sucesso". rr.sapo.pt. 
  7. "Blue Origin Successfully Completes 22nd Mission to Space". Blue Origin (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  8. Cunha, Sónia Simões, Mariana Lima. "Empresário Mário Ferreira já foi constituído arguido no Caso Ferry". Observador (en portugués). Consultado o 2024-07-03. 
  9. Carlson, Raven (2022-10-21). "Ministério Público investiga o rei do turismo náutico por fraude na compra-venda de um ferry". amadoramaisempresas.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-03. 
  10. "Mariana-Mortágua-apresenta-teia-de-interesses-que-lesou-o-pais". esquerda.net. 
  11. "“Não estou acusado de nada”. Empresas de Mário Ferreira alvo de buscas por suspeitas de fraude fiscal qualificada". SAPO 24 (en portugués). Consultado o 2024-07-03. 
  12. "Savannah Resources Plc - Barroso Lithium Project, Portugal". Savannah Resources Plc (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  13. "Notification of Major Shareholding - Savannah Resources Plc". savannahresources-wwwsavannahresourcescom.azurewebsites.net. Consultado o 2024-07-03. 
  14. "Barroso Lithium Project, Portugal". NS Energy (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  15. "Savannah Resources Plc - Barroso Lithium Project Fact Sheet – Water". Savannah Resources Plc (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  16. "New protest camp scheduled against Barroso-Lithium mine". portugalresident.com (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2024. 
  17. "Portugal's government approves lithium mining despite growing concerns". euronews (en inglés). 2022-02-05. Consultado o 2024-07-03. 

Véxase tamén

editar