Lydia Kúper de Velasco

tradutora galego-polaca de orixe rusa
(Redirección desde «Lydia Kúper»)

Lydia Kúper de Velasco, nada en Łódź o 21 de agosto de 1914 e finada en Madrid o 8 de febreiro de 2011, foi unha tradutora galego-polaca de orixe rusa. Formou parte do denominado Grupo de Moscova, que se encargou de traducir as grandes obras da literatura universal rusa. Entre outros autores, Lydia Kúper traduciu obras de Tolstoi, Dostoievski, Goncharov, Makarenko, Makanin, Pasternak, Pushkin ou Mandelshtam.[1]

Infotaula de personaLydia Kúper de Velasco
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1914 Editar o valor em Wikidata
Łódź, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 2011 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoTradución
Familia
CónxuxeGabriel León Trilla

Traxectoria editar

De pais xudeus, naceu na cidade polaca de Łódź, cando esta aínda formaba parte do imperio ruso. Tras a morte do pai, trasladouse a Odesa e finalmente mudouse a Vigo após o comezo da Guerra civil rusa. Casou con Gabriel León Trilla, un dos fundadores do Partido Comunista de España.[1]

Pasou a infancia en Vigo e posteriormente mudouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. Aloxouse no departamento feminino da Residencia de Estudiantes, onde concidiu con María de Maeztu ou Teresa Díaz.[2] Tras o inicio da Guerra civil española, Lydia Kúper exiliouse a París, nun avión no que viaxaban membros do movemento comunista, que aterrou en Orán. Posteriormente, viaxou á Unión Soviética, onde permaneceu exiliada até o ano 1957. Alí traballou como tradutora e intérprete para a cúpula do PCE, formada por dirixentes que non dominaban o ruso. Acabada a segunda guerra mundial, traballou para a URSS como tradutora no Servizo de Edicións en Linguas Estranxeiras.[1]

En 1957, após un acordo coa Cruz Vermella e o goberno franquista, volveu a España, onde continuaría coa súa profesión de tradutora.

Guerra e paz editar

Unha das súas traducións máis célebres foi Guerra e paz, de León Tolstoi, na que estivo a traballar durante 5 anos. Descubriu que a versión anterior, de José Laín Entralgo e Francisco José Alcántara, contiña numerosos erros. Isto debeuse a que a obra fora traducida desde o idioma francés, no canto de partir da versión orixinal en ruso.

Segundo afirmou Mario Muchnik, editor da tradución, Kúper declarou:

Kúper descubriu que a tradución anterior da novela de Tolstoi contiña moitos erros factuais: algunhas das declaracións do escritor foron distorsionadas, moitos parágrafos e frases desapareceron, e o máis importante, na tradución do libro ao español empregouse a versión francesa da novela, no que o estilo duro do gran escritor, que non se esforzou moito para alcanzar alturas estéticas, como convencer ao lector das súas ideas, foi atenuado.
2003, Mario Muchnik, editor da tradución de Lydia Kúper de Guerra e paz.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Espinosa, Marcos. "Lydia Kúper, veterana traductora del ruso.". Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  2. Méndez Ferrín, Xosé Luis. Faro de Vigo, ed. "Lydia Kuper". Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  3. El Cultural. (ed.). "Por qué una nueva traducción de Guerra y paz.". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar