Gyorgy Lukács

(Redirección desde «Lukács»)

Georg Lukács, nado en Budapest o 13 de abril de 1885 e finado na mesma cidade o 4 de xuño de 1971, foi un político e pensador marxista e un crítico literario.

Infotaula de personaGyorgy Lukács

(1952) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Lukács György Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Löwinger György Bernát Editar o valor em Wikidata
13 de abril de 1885 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 1971 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Kerepesi (pt) Traducir, jobb oldali munkásmozgalmi díszsor J. 13 Editar o valor em Wikidata
Minister of Public Instruction (en) Traducir
26 de outubro de 1956 – 31 de outubro de 1956
← József Darvas (en) TraducirSupresión do cargo →
Gabinete ministerial: Second Cabinet of Imre Nagy (en) Traducir
Membro da Asemblea Nacional de Hungría
14 de decembro de 1951 – 9 de maio de 1957
Lexislatura: 1953–1958 (pt) Traducir
Member of the Provisional National Assembly (en) Traducir
2 de abril de 1945 – 3 de novembro de 1945
Lexislatura: sen valor
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd (–1909)
Universidade Humboldt de Berlín (–1907) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, estética e historia da literatura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Budapest Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , sociólogo , crítico literario , profesor universitario , político , escritor , historiador da arte Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNyugat Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Hungria (pt) Traducir (1918–)
Partido dos Trabalhadores Húngaros (pt) Traducir
Partido Socialista Operário Húngaro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua húngara, lingua rusa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMikhail Ovsyannikov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFerenc Jánossy (pt) Traducir, Lajos Jánossy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933Queima de livros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 122872 iTunes: 366148401 Find a Grave: 15686265 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Membro dunha familia de banqueiros xudeus, estudou en Kolozsvár, Berlín (onde coñeceu a Georg Simmel) e Heilderberg, onde contactou con Max Weber e o filósofo da utopía Ernst Bloch. Destacou como militante e ideólogo do Partido Comunista Húngaro. Formou parte do goberno de Béla Kun como comisario do pobo para a Educación e a Cultura da República Soviética Húngara. Tras o derrocamento do réxime fuxiu a Viena, onde foi capturado pero finalmente liberado grazas aos auspicios de Thomas Mann. Alí tomou contacto con outros pensadores como Antonio Gramsci. Refuxiado na Unión Soviética, volveu como profesor a Budapest tras o retroceso da ocupación alemá na segunda guerra mundial. Foi membro da Academia de Ciencias de Hungría. O goberno comunista de Mátyás Rákosi tívoo afastado. Asumiu o cargo de Ministro de Cultura durante a revolución húngara de 1958. Trala deposición de Imre Nagy, foi deportado a Romanía.

Pensamento editar

A cousificación da vida nas sociedades propias do capitalismo é o centro das súas preocupacións, onde reflexiona no fetichismo da mercancía como relación entre as persoas que acaban sendo obxectos e non suxeitos activos e libres tanto no eido económico como no eido social. Incorpora consideracións psicolóxicas da persoa individual.

Lukács rexeita tanto a concepción de Hegel que reducía a dialéctica a un movemento do Espírito como as concepcións marxistas que entendían a dialéctica como movemento unicamente da materia. Para el existe unha complementariedade na que a materia se satura de Espírito e o Espírito non pode manifestarse senón na materia. O proletariado convértese en Espírito na medida en que adquire conciencia de clase. Esta se entende como o conxunto de crenzas compartidas polos que desempeñan nas relacións económicas e sociais unha determinada función. Os traballadores organizados en partido non son só obxecto da historia en canto que factores de produción senón que se constitúen en suxeitos da historia dun xeito activo. O Partido Comunista expresa o senso da historia e conduce a través da revolución a unha sociedade sen clases. A revolución é o momento de contradición entre espírito e materia que se resolve na síntese de ámbalas dúas nun novo momento de perfección da praxe onde se unen conciencia de clase e acción. Estas ideas expostas no seu libro Historia e conciencia de clase, publicado en 1923, foron condenadas polo marxismo máis estruturalista e ortodoxo que viu nel unha liña humanista incompatible coa filosofía recollida no Capital de Marx.

Lukács amósase crítico contra o irracionalismo en filosofía que iría dende Schelling ata Nietzsche e que, consonte a súa opinión, desemboca indefectiblemente no fascismo.

Como crítico literario, Lukács entende que a auténtica literatura debe reflectir a realidade e o escritor debe achegar unha perspectiva de totalidade. Pretende descubrir no texto os condicionantes sociais, económicos e políticos que están detrás do mesmo.

Nos seus derradeiros anos traballou nunha Estética segundo o método xenético-sistemático e nunha Ontoloxía do ser social na que, tomando como eixo o traballo humano, interrelaciona necesidade con liberdade.

Obras editar

  • Die Seele und die Formen (1911).
  • Die Theorie des Romans (1916).
  • Geschichte und Klassenbewusstsein (1923).