Lucenza, Lucenza, Cualedro
Coordenadas: 41°57′10″N 07°37′18″O / 41.95278, -7.62167
Lucenza é un lugar da parroquia de Lucenza no concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín. Tiña 146 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 76 eran homes e 70 mulleres.
Lucenza | |
---|---|
Parroquia | Lucenza |
Concello | Cualedro |
Poboación | 146 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Preto do lugar están os poboados castrexos da Saceda e San Millán. Segundo o historiador e arqueólogo local Antonio Rodríguez Colmenero a orixe da aldea está nun asentamento romano, tipo vila, propiedade dun romano chamado Lucenatius.
Próximos a aldea podemos visitar as ruínas románicas do poboado de Santa Marta. Na idade media Lucenza formou parte do Condado de Monterrei. En Lucenza consérvase un dos poucos pozos de neve de Galicia, o Pozo dos Mouros, que data do século XV. Foi construído para conservar a neve e abastecer de xeo aos condes de Monterrei. En 1710, no marco da guerra hispano-portuguesa, a torre de Lucenza transformouse en forte defensivo.
A Pena de Muller (950) é un monte da Serra do Larouco, e conta cunha formación granítica.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de LucenzaEditar
Lugares da parroquia de Lucenza no concello de Cualedro (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de CualedroEditar
NotasEditar
- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 21.febreiro.2013.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Cualedro – Lucenza" (en galego). Consultado o 21.febreiro.2013.