Atás, Cualedro
parroquia civil do concello de Cualedro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Atás.
Santa María de Atás é unha parroquia do concello de Cualedro, na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (78 homes e 68 mulleres).
Atás | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Atás. | |
Concello | Cualedro[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 146 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Durante a Idade Media, Atás estivo baixo a xurisdición de Celanova. Consérvase a casa reitoral, que foi en tempos un cenobio dependente da casa matriz. Os beneditinos (ou bieitos, como son coñecidos na zona) contribuíron ó avance económico e tecnolóxico do traballo do campo, establecendo métodos de explotación cun gran grao de colectivización e construíndo infraestruturas de regadío, como o chamado "caño de Chamusiños", que aínda se pode atopar malia que estea en moi mal estado.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Atás, Cualedro.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de AtásEditar
Lugares da parroquia de Atás no concello de Cualedro (Ourense) | |
---|---|