Lucas Amil Mosquera

militar e político galego


Lucas Amil Mosquera, nado en Apeadeiro (Cambre) o 5 de xullo de 1909 e finado en México o 26 de decembro de 2004, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaLucas Amil Mosquera
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1909 Editar o valor em Wikidata
Apeadeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Auxiliar naval da Mariña de guerra. Entrou como aprendiz mariñeiro en agosto de 1926 e ascendeu a cabo de marinería en 1934. Ingresou na Agrupación Socialista de Ferrol en 1931. Prestou servizo no Nautilus, Galatea, Cervera e o cruceiro Libertad, onde se encontraba cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Durante a guerra civil estivo destinado na Base Naval de Cartaxena onde ingresou na Agrupación Socialista en abril de 1937. Foi secretario do Comité Central da Frota Republicana, membro do Comité de Goberno no cruceiro Libertad e oficial 1º en lanchas torpedeiras. Foi promovido a auxiliar alumno naval en novembro de 1937. Coa derrota da República marchou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Posteriormente exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 27 de xullo de 1939 a bordo do vapor Mexique.[1] Traballou nunha fábrica de tecidos. Residiu en Chihuahua. Formou parte da Agrupación Socialista Española de México. En 1955 visitou España por primeira vez, sendo sometido a estreita vixilancia pola Garda Civil. Posteriormente regresou en varias ocasións, a última polo seu noventa aniversario.

Notas editar

  1. "Relación de los compatriotas llegados a Veracruz el 27 de julio de 1939 a bordo del Vapor Mexique." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar