Lois Tobío Campos
Lois Tobío Campos, nado en Lamiño (Brión) en 1861 e finado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1943, foi un mestre e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1861 Lamiño, España |
Morte | 7 de abril de 1943 (81/82 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Lois Tobío Fernández, María Tobío |
Traxectoria
editarEra fillo de Ramón Tobío Martínez, labrego acomodado, e de Xoana Campos. Ramón Tobío era fillo de María Xosefa Martínez Vioxo, irmá do pai de Rosalía de Castro, coa que Lois Tobío pasou parte da súa infancia en Ortoño. Comezou a estudar co seu tío, Lois Tobío Martínez, mestre en Brión. Fixo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, titulándose en 1881. Estivo como interino en Ribeira e no Colexio de San Agustín de Vilagarcía de Arousa, incorporado ao Instituto de Segundo Ensino de Pontevedra.
En Vilagarcía comezou a publicar artigos e poesía na prensa local, ao tempo que sacaba o título de Bacharelato por libre, que acadou en 1885. Comezou os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, sen chegar a rematar a carreira. En 1892 acadou a praza de Mestre na Escola de San Francisco de Viveiro, e ao ano seguinte marchou a Madrid para seguir os cursos da Escola Superior do Maxisterio e poder optar a un posto como docente nas Escolas Normais. A través de profesores como Bartolomé Cossio coñeceu a Institución Libre de Enseñanza, onde coincidiu con Francisco Giner de los Ríos.
De regreso a Viveiro participou na vida cultural da vila, con publicacións e conferencias co gallo do Centenario da publicación de Don Quijote ou polo aniversario do nacemento de Nicomedes Pastor Díaz. Amais de ocupar o seu posto na escola pública, deu clase nun centro privado. En 1915 pasou a dar clase na Escola Graduada anexa á Escola Normal de Santiago.
Foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega[1], e publicou diversos artigos no seu Boletín[2]. Era tamén membro da Sociedade Astronómica de Barcelona. En 1898 recibiu a Cruz de Isabel a Católica.
Obra
editar- Ecos y esbozos (1912). Poesía bilingüe.
- Rosiñas da Terra (1917). Poesía.
- Rimas galicianas (1935). Poesía bilingüe.
Vida persoal
editarCasou en 1905 con Mélida Fernández González, da familia fidalga dos Pardo-Vaamonde. Foi pai de Lois Tobío Fernández e María Tobío.
Notas
editar- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ "Artigos de Lois Tobío Campos no Boletín". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 03 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1954). "TOBÍO CAMPOS, Luís". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 408.