Luís Noya

impresor e político galego

Luís Noya Domínguez, nado na Guarda en outubro de 1932 e morto en Vigo o 16 de agosto de 2006, foi un impresor e futbolista galego emigrante en Venezuela e vencellado á resistencia antifranquista.

Infotaula de personaLuís Noya
Biografía
Nacementooutubro de 1932 Editar o valor em Wikidata
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2006 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiXoán Noya Editar o valor em Wikidata
IrmánsRodolfo Noya Domínguez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A emigración editar

Era fillo de Xoán Noya, tenente de alcalde da Guarda cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, sindicalista, xornalista e activo integrante do Partido Galeguista, que pasou dous anos no cárcere despois de ser condenado a morte polo franquismo, e a súa pena conmutada.[1] Uns anos despois do remate da guerra, os problemas económicos fixeron que Xoán emigrase a Venezuela cos seus fillos Luis, Oscar e Rodolfo.

En Venezuela participou da vida do republicano e galeguista Lar Gallego que se fundara en 1945 pouco tempo despois da Eusko-Etxea de Caracas. Tamén participou na fundación da Irmandade Galega de Venezuela o 12 de outubro de 1960. Alí na emigración tivo contacto con diversos intelectuais galegos, como Pura Vázquez ou Celso Emilio Ferreiro, así coma co partido comunista.

Futbolista de vocación, no país suramericano organizou e participou do fútbol entre as comunidades inmigrantes e chegou a xogar como profesional deste deporte, minoritario en Venezuela. Militou xunto a seu irmán Rodolfo no Loyola da Primeira División, e no Deportivo Celta, logo reconvertido en Deportivo Galicia.[2]

O Santa María editar

A volta definitiva de Luís Noya a Galiza produciuse en 1961, a bordo do barco portugués Santa María. Ao pouco de saír de Caracas o barco foi secuestrado por un comando formado por galegos e portugueses, o DRIL. Nese comando estaban dous coñecidos seus, Xosé Velo e o comandante Soutomaior. A Luís Noya débese a única filmación existente do secuestro, filmación que tomou coa súa pequena cámara e que agochou ao chegar a Canarias para que non fora confiscada polas autoridades franquistas.

A volta editar

Ao volver da emigración, Luís Noya púxose a traballar a carón do pai para sacar adiante a imprenta familiar Gráficas Numen, de Vigo. A empresa foi moi importante no tecido da resistencia antifranquista, producindo diversos materiais e folletos vencellados a grupos comunistas e galeguistas, así como diversos libros en galego. Nos locais da imprenta consérvase a minerva coa que se estampaba en Ourense o xornal agrarista La Zarpa. Polo seu labor editorial recibiu o premio Xerais de apoio á edición literaria.

Durante as últimas décadas do franquismo militou activamente no PCE e en diversos movementos solidarios, e apoiou o Comité Galego Bolivariano de Solidariedade, de tendencia chavista.

O 19 de agosto de 2006 espallaron as súas cinzas na súa vila da Guarda, ao son do himno galego.

Notas editar

  1. "Imprimiendo carácter". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 2 de abril de 2000. p. 54. 
  2. "Chao, nuevo entrenador del Lar Gallego de Caracas". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1959. p. 5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar