Luís Davila
debuxante galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Davila.
Luís Davila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu,[1] é un deseñador gráfico, pintor, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo.[2]
Davila no Premio Trasalba 2024 (2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (51/52 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | deseñador gráfico, pintor, debuxante de banda deseñada |
Premios | |
| |
Sitio web | obichero.blogspot.com |
Traxectoria
editarEstudou na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo facendo infografías, portadas de suplementos, deseño de páxinas interiores e ilustracións, para pasar logo a facer unha viñeta diaria.[3]
Ten autoeditado varios volumes nos que se compilan os seus mellores debuxos cómicos.[4]
- O Bichero I, 2014. ISBN 978-84-617-1501-5.
- O Bichero II. Outra ronda!, 2014. ISBN 978-84-617-1504-6.
- O Bichero III. Non hai dous sen tres!, 2014. ISBN 978-84-617-1505-3.
- O Bichero IV. Menudo día, 2014. ISBN 978-84-608-1999-8.
- O Bichero V. Living a vida loca, 2015. ISBN 978-84-606-7418-4.
- O Bichero VI. Ti sacha!, 2016. ISBN 978-84-608-7545-1.
- O Bichero VII. De punta a chicote, 2017. ISBN 978-84-697-7050-4.
- O Bichero VIII. Pasa pa corte!, 2018. ISBN 978-84-09-06374-1.
- Faro de Vigo. Ilustrando as historias do noso día a día. O Bichero 20 anos, 2018.
Canda o actor Carlos Blanco Vila, fixo os espectáculos Menú do día e Menú da noite.[5]
É autor tamén de abondosas pinturas de gran formato, cuxas láminas e cadros ten presentado en diversas exposicións.[6][7]
Recoñecementos
editar- Premio San Martiño de normalización lingüística (2014), convocado pola Asociación Cultural O Brado da Estrada.
- Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua na 6ª ed. (2016), convocado polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua (REAL).[8]
- Varias edicións do Premio Fervenzas Literarias.
- Premio Trasalba (2023)[9]
Notas
editar- ↑ «Hablamos con Luis Davila» Arquivado 18 de xullo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ http://obichero.blogspot.com.es/
- ↑ "Humor en Faro de Vigo".
- ↑ Biblioteca Nacional de España
- ↑ «Luís Davila e Carlos Blanco recuncan con Menú da noite» CCG, 7/4/2016.
- ↑ "A Delegación da Xunta en Vigo acolle unha exposición do artista Luis Davila baixo a temática da muller para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-02-24.
- ↑ Vigo, ágatha de santos- (2009-04-04). ""Si tuviese otra vida, lo más seguro es que me metiera a tocar un instrumento"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-02-24.
- ↑ "O galego, nas boas mans de Migallas Teatro e Luis Davila" 27/2/2016.
- ↑ Marcos Pérez Pena (11 de marzo de 2023). "O deseñador gráfico, ilustrador e viñetista Luis Davila gaña o Premio Trasalba, que entrega a Fundación Otero Pedrayo". Praza.gal.