Luis Cortés Vázquez

filólogo, etnógrafo e historiador da arte español
(Redirección desde «Luís Cortés Vazquez»)

Luis Cortés Vázquez, nado en Caravaca de la Cruz (Murcia) o 13 de febreiro de 1924 e finado en Salamanca o 14 de febreiro de 1990, foi un filólogo, etnógrafo e historiador da arte, que exerceu como profesor da Universidade de Salamanca entre a década de 1950 e 1980. En 1954 realizou un amplo estudo dunha fala do galego de Zamora.

Infotaula de personaLuis Cortés Vázquez
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Caravaca de la Cruz, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte , filólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaulette Gabaudan Editar o valor em Wikidata
FillosFrancisco Cortés Gabaudan, Helena Cortés Gabaudan Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Caravaca de la Cruz, onde estaba destinado o seu pai, inspector de aduanas, mais a súa nai era de Fermoselle, e pasou a maior parte da infancia e a mocidade en Zamora, de onde sempre se considerou. Pasou tamén algún tempo de infancia en Lumbrales e La Fregeneda (provincia de Salamanca).

Estudou o bacharelato no Instituto de Zamora, e en 1942 comezou carreira na Facultade de Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca, especializándose en Filoloxía Románica.

En 1946 licenciouse e en 1949 leu a súa tese doutoral na Universidade Complutense de Madrid. A partir de 1948 traballa na docencia no Ensino Medio e na Universidade de Salamanca. Gañou a cátedra de francés no Instituto Lucía de Medrano.

En 1965 obtivo a cátedra de Filoloxía Francesa na Universidade de Salamanca.

O seu inxente labor literario, filolóxico e etnográfico principiou con colaboracións na revista Trabajos y Días, fundada en 1946 na universidade salmantina. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Vida persoal editar

En 1949 casou coa hispanista Paulette Gabaudan (París, 1924)[1], orixinaria de Sète, no departamento de Hérault. Foron pais do helenista Francisco Cortés Gabaudan e da xermanista e tradutora Helena Cortés Gabaudan.

Obras editar

Lingüística editar

  • El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora): toponimia, textos e vocabulario. Universidade de Salamanca. Salamanca. 1954; reimpresión 2001, 196 páxs - ISBN 847800867
  • Cinco estudios sobre el habla popular en la literatura francesa: Molière, Balzac, Maupassant, Giono, Sartre. Universidade de Salamanca. Salamanca. 1964, 132 páxs.
  • El nombre de Zamora: un problema de toponimia española. Inst. Est. Zamoranos "Florián de Ocampo". 2002 - ISBN 84-86873-98-3

Literatura popular editar

  • Cuentos populares en la Ribera del Duero. Centro de Estudios Salmantinos. Salamanca. 1955, 156 páxs.
  • Leyendas, cuentos y romances de Sanabria: textos leoneses y gallegos. S.n. Salamanca. 1976 (reimpreso en 1992), 168 páxs - ISBN 84-400-2060-0
  • Cuentos populares salmantinos. I, Humanos, varios, ejemplares y religiosos. II, De encantamientos y de animales. 2 tomos, 297 + 307 páxs. Librería Cervantes. Salamanca. 1979 - ISBN 84 85664019
  • Refranero geográfico zamorano. Deputación Provincial de Zamora. Zamora. 1995, 215 páxs - ISBN 84-86873-48-7

Etnografía editar

  • La alfarería popular salmantina. Centro de Estudios Salmantinos. Salamanca. 1953, 61 páxs.
  • Dictionnaire de la poterie populaire de la province de Salamanque (Espagne). Centre International de la Dialectologie Générale. Louvain. 1954 (separata de "Orbis").
  • Las ovejas y la lana en Lumbrales: pastoreo e industria primitiva en un pueblo salmantino. Centro de Estudios Salmantinos. Salamanca. 1957, 77 páx + 36 láminas.
  • Alfarería popular del Reino de León. Librería Cervantes. Salamanca. D.L. 1987, 268 páxs - ISBN 848 566 428.
  • Obra dispersa de Etnografía: selección de escritos de Luis Cortés Vázquez (ed. de Paulette Gabaudan). Deputación Provincial de Salamanca. Salamanca. 1996, LXX + 714 páxs - ISBN 84-87339-40-9

Estudos literarios editar

  • Ronsard y Machado: del "aubépin verdissant" al "olomo seco". Universidade de Salamanca. Salamanca. 1962 (separata de "Strenae. Filosofía y Letras"), 10 páxs.
  • Salamanca en la Literatura. Librería Cervantes. Salamanca. 1973, 316 páxs - ISBN 84-400-5925-6
  • Viaje literrario al norte cacereño. Colegio Universitario de Cáceres. Cáceres. 1973, 49 páxs.

Arte editar

  • 50 medallones salmantinos. Ayuntamiento de Salamanca. Salamanca. D.L. 1971.
  • Un enigma salmantino: la rana universitaria. Facultad de Filosofía y Letras. Salamanca. 1971 (1978, 2ª ed.), 70 páxs - ISBN 84300003258
  • Con Santiago Sebastián: Simbolismo de los programas humanísticos de la Universidad de Salamanca. Universidad de Salamanca. Salamanca. 1973, 84 páxs.
  • Ad summun caeli: El programa alegórico-humanista de la escalera de la Universidad de Salamanca. Universidad de Salamanca. Salamanca. 1999, 102 páxs - ISBN 84-7481-325-5
  • Arte popular salmantino. Centro de Estudios Salmantinos. salamanca. 1992, 226 páxs - ISBN 84-86820-12-X
  • Con Paulette Gabaudan: La fachada de San Esteban. Deputación Provincial de Salamanca. Salamanca. 1995, 128 páxs - ISBN 84-7797-100-5

Libros de viaxes editar

Varia editar

  • Añoranzas e antigüedades de Zamora. Edic. do Autor. Salamanca. 1980, 80 páxs.
  • La vida estudiantil en la Salamanca clásica. Universidad de Salamanca. Salamanca. 1989 (reimpresións 1996, 2005), 196 páxs ISBN 84-7481-539-8
  • Del papiro a la imprenta: pequeña historia del libro. CEGAL. Madrid. 1989, 145 páxs - ISBN 84440418914

Edicións e traducións editar

  • San Francisco de Sales: Cartas a religiosas. Traduc. Cortés Vázquez, elección e presentación Lamberto de Echevarría. Edit. Católica, Madrid. 1988, 221 páxs.
  • El cantar de Roldán: edición del manuscrito de Oxford. Versión española, notas e apéndice con texto paralelo francés. Gráficas Cervantes. Salamanca. 1975, 469 páxs.

Notas editar

  1. "La 'salmantina' que se convierte en superventas a los 94 años". La Gaceta de Salamanca. 3 de xuño de 2018.