Luís Cília, nado no ano 1943 en Huambo (Angola), é un compositor e intérprete portugués.

Infotaula de personaLuís Cília
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Huambo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , músico , cantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCanción protesta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0194711 Musicbrainz: 130a6111-2a21-43c5-b3f6-4a8db3908bc3 Discogs: 843259 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Luís Cília destacou coa canción protesta no exilio (en Francia), onde denunciou a guerra colonial e a falta de liberdade en Portugal. Unha das súas cancións máis coñecidas dese período é "Avante camarada", que se converteu nunha especie de segundo himno do Partido Comunista Portugués.[1]

Retornado a Portugal en 1959, para continuar os seus estudos, en 1962 coñece ó poeta Daniel Filipe que o alentou a musicar poesía. Datan dese ano as súas primeiras experiencias nese campo ("Meu país", "O menino negro não entrou na roda" etc.), máis tarde incluídos no seu primeiro disco, gravado no estado francés, para a editora Chant du Monde.

En abril de 1964 partiu para París, onde viviu até 1974. En Francia estudou guitarra clásica con António Membrado e composición con Michel Puig. Os seus primeiros traballos sairán só no estado francés, debido a problemas coa censura portuguesa. O primeiro traballo en aparecer tamén en Portugal será Contra a ideia da violência a violência da ideia, de 1973. Entre 1964 e 1974 realizou recitais en case todos os países de Europa, entre eles o I Festival da Canción Ibérica de 1970, onde compartiu escenario con Paco Ibáñez, Xavier Ribalta, Miro Casabella e José Afonso, entre outros.

Luis Cilia volve a Portugal o 30 de abril de 1974, só seis días despois da Revolución de Abril, e dende entón continuou gravando discos, como compositor e intérprete, realizando tamén multitude de recitais. Como intérprete, gravou dezaoito discos, algúns deles adicados a poetas, como Eugénio de Andrade ("O peso da sombra"), Jorge de Sena ("Sinais de Sena"), ou David Mourão Ferreira ("Penumbra"). Nos últimos anos vense adicando soamente á composición, especialmente para teatro, coreografía e cine.

O 9 de xuño de 1994 foi feito Oficial da Orde da Liberdade portuguesa.[2]

Discografía editar

  • 1964: Portugal-Angola: Chants de Lutte
  • 1965: Portugal Resiste
  • 1967: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 1
  • 1967: O Salto
  • 1969: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 2
  • 1971: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours 3
  • 1973: Contra a ideia da violência a violência da ideia
  • 1973: Meu País (reedición ampliada de Portugal,Angola - Chants de Lutte).
  • 1974: O guerrilheiro
  • 1974: O povo unido jamais será vencido
  • 1975: Resposta
  • 1976: Memória
  • 1978: Transparências
  • 1980: O peso da sombra - A poesia de Eugénio de Andrade
  • 1981: Marginal
  • 1982: Cancioneiro (reedición d'O guerrilheiro)
  • 1983: Contradições
  • 1985: Sinais de Sena - A poesia de Jorge de Sena
  • 1987: Penumbra - A poesia de David Mourão Ferreira
  • 1988: A Regra do Fogo - Música para bailados
  • 1995: Bailados - Música para bailados
  • 1996: La Poésie Portugaise de nos jours et de toujours (recompilatorio lanzado no Estado francés dos LP's de 1967, 1969 e 1971).

Notas editar

  1. "A Internacional e Avante! Camarada". 
  2. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Presidência da República Portuguesa. Consultado o 23 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar