Lope Gómez de Marzoa
Lope Gómez de Marzoa[2] natural de San Martiño de Marzoa, no actual concello de Oroso, nado cara a 1440 e finado en 1501, foi o principal precursor do que na actualidade é a Universidade de Santiago de Compostela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | s. XV Oroso, España |
Morte | setembro de 1501 Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | notario, financeiro, recadador de impostos, escribán, comerciante |
Traxectoria
editarPouco se sabe da súa vida. Casado con Maior Fernández Varela foi notario, rexedor de Santiago e recadador das rendas reais nos bispados de Lugo, Mondoñedo e Tui. Sábese que rexentaba a súa notaría por medio de excusadores.
No ano de 1495 fundou, xunto co veciño mosteiro de San Martiño Pinario, no Convento de San Paio de Antealtares un Colexio para estudantes pobres, que tivo unha efémera vida, ata mediados do ano 1499.
De novo no ano 1501 fundou xunto con Diego de Muros II e Diego de Muros III un Estudio Xeral, coñecido como Estudio Vello, que tivo continuidade ata que no ano 1542 se refundiu co Colexio Novo ou Colexio de Santiago Alfeo, promovido polo Arcebispo Alonso III de Fonseca.
Descoñécese a data da súa morte, pero debeu ocorrer no ano 1501, data a partir da cal se perden as referencias sobre a súa persoa.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Barreiro, X. R. (2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2. El siglo XIX. USC. p. 532-533. ISBN 84-9750-269-8.
- Costa Rico, Antón (1999). "1526: A fundación da Universidade de Santiago". Cuadernos de Estudios Gallegos (IEGPS-CSIC) 46 (111): 31–55. ISSN 0210-847X.
- García Oro, José (1976). Diego de Muros III y la cultura gallega del siglo XV. Editorial Galaxia. ISBN 8471542463.
- Rubio Martínez, Amparo; García-Fernández, Miguel (2016). "Las últimas voluntades de Lope Gómez de Marzoa un ome poderoso y muy emparentado en la cibdad de Santiago". Cuadernos de Estudios Gallegos 63 (129): 243–286. ISSN 0210-847X. doi:10.3989/ceg.2016.v63.i129.
- Tejada Spínola, Francisco Elías de (1966). El Reino de Galicia hasta 1700 (en castelán). Editorial Galaxia. p. 131.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2005). "Gómez de Marzoa, Lope". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Villanueva, Darío (2003). Discurso do Rectorado: (1994-2002). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-133-0.
- Yáñez Neira, Damián. "Lope Gómez de Marzoa" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia.