Logógrafo

(Redirección desde «Logógrafa»)

Os logógrafos[1] (do grego λογογράφος, logográphos, composto de λόγος lógos, que aquí significa historia ou prosa, e γράφω, gráphō, escribir) eran os historiadores e cronistas gregos anteriores a Heródoto (considerado o «pai da historia»). Este chamaba aos seus predecesores λογοποιοί (logopoiói, de ποιέω poiéō, facer). Tucídides aplicou o termo logógrafo a todos os que o precederon, incluíndo ao propio Heródoto (I,21).

O mesmo termo de logógrafos aplicábase na Antiga Grecia aos autores de discursos xurídicos.

Situación e características editar

Cunha soa excepción, proveñen da rexión de Xonia e as súas illas, que pola súa situación era a zona máis favorabelmente situada para a chegada de noticias de países afastados, tanto de Oriente como de Occidente. Escribían en dialecto xónico, no que se chamou o estilo imperiódico, preservando o carácter poético de modelos épicos, aínda que non o estilo. A crítica que exercen sobre as súas fontes é mínima: un simple intento de racionalizar as lendas e tradicións en torno á fundación das cidades, as xenealoxías das familias gobernantes (o que se denomina arcontoloxía), e os usos e costumes de cada pobo. Por esa razón adóitanos considerar máis cronistas que historiadores.

O primeiro logógrafo foi Cadmo de Mileto (século -VI), que escribiu a historia da súa cidade (se é que realmente era nativo dela). Outros logógrafos floreceron entre mediados do século -VI e as Guerras Médicas. O último foi Ferécides de Leros, que morreu arredor do ano -400. Hecateo de Mileto, nas súas Genealogiai, foi o primeiro en intentar (sen un éxito completo) separar o pasado mitolóxico do histórico, o que significou un paso crucial no desenvolvemento da historiografía. É a única fonte que Heródoto citou polo seu nome. Tras Heródoto o xénero declina, para gañar algo de popularidade na época helenística.

Estilo imperiódico editar

Os logógrafos, aínda que traballaban coa mesma mitoloxía, distínguense dos poetas épicos do ciclo da Guerra de Troia por escribir en prosa, nun estilo imperiódico que Aristóteles (Retórica, 1049a 29) chamou λέξις εἰρομένη (léxis eiromenē, de εἴρω, éirō, 'xuntar'), ou sexa, un estilo continuo.

Logógrafos cuxos nomes se conservaron editar

Dionisio de Halicarnaso (De Tucídides, 5) nomea aos máis famosos do mundo clásico. Nesta lista indícanse cun asterisco (*) :

Os logógrafos xurídicos editar

Na Atenas da antigüidade, a práctica xurídica requiría do litigante defender o seu caso diante do tribunal con dous discursos sucesivos. Non existían avogados, e a lei só permitía a un amigo ou parente axudar a cada parte no litixio. Se un litigante non confiaba en si mesmo para facer o seu propio discurso, para defender o seu caso podía buscar os servizos dun personaxe ao que se chamaba logógrafo, ou sexa, escritor en prosa, ao igual que aos historiadores. Tamén, como os primitivos historiadores, recibían o nome de logopoiós (λογοποιός, de ποιέω, poiéō, 'facer'). O logógrafo escribía un discurso que o litigante debía aprender de memoria e recitar diante do tribunal. Antifonte de Atenas (480 a. C.410 a. C.) foi un dos primeiros en practicar esta profesión. Defender ás vítimas de persecucións políticas contribuíu a lanzar a posterior carreira política de moitos logógrafos.

A oratoria grega estaba animada por unha vida pública de excepcional vitalidade. Ademais dos discursos dos logógrafos, contou cos dos demagogos (aplicados estes aos discursos políticos tendentes a obter o favor das asembleas e moi criticados polos filósofos, por non buscaren a verdade, o que fixo crear a estes outra clase de oratoria), as oracións fúnebres (como o famoso Discurso fúnebre de Pericles recollido por Tucídides) e as arengas militares.

Logógrafos xurídicos famosos editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para logógrafo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The History of History; Shotwell, James T. (Nova York, Columbia University Press, 1939).
  • The Ancient Greek Historians; Bury, John Bagnell (Nova York, Dover Publications, 1958).