Hipérides
Hipérides, nado en Atenas, contra o ano 390 a.C. e finado en Cleón no 322 a.C., foi un orador grego.
Hipérides | |
---|---|
Nacemento | 390 a. C., 389 a. C. e 388 a. C. |
Lugar de nacemento | Atenas |
Falecemento | 322 a. C. |
Lugar de falecemento | Exina - Αίγινα |
Nacionalidade | Antiga Atenas |
Ocupación | político, avogado, orador e militar |
Fillos | Glaucippus |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi discípulo de Isócrates en Atenas e comezou traballando de logógrafo escribindo discursos xudiciais por encarga. Conta a lenda que gañou a absolución da cortesá Frinis mostrándolle a súa beleza espida aos xuíces. Traballou contra Filipo II, xuntamente con Demóstenes, até o caso Hárpalo (324 a.C.), cando entón acusou ao propio Demóstenes. Cando Filipo II de Macedonia venceu en Queronea no 338 a.C., Hipérides organizou a defensa de Atenas e logrou reforzar o exército prometendo que lles concedería a liberdade aos escravos e a cidadanía aos estranxeiros. Reconciliouse con Demóstenes cando Atenas se ergueu contra os macedonios de Antípatro á morte de Alexandre Magno (323 a.C.). Terminada desastrosamente a Guerra Lamaiana, Hipérides foi capturado e morto entre atroces tormentos.
EstiloEditar
O estilo de Hipérides é claro na exposición, elegante e incorpora innovacións estilísticas influídas pola comedia. Atribúenselle 77 discursos, dos que se conservan seis en fragmentos. Destacan En defensa de Euxenipo, Contra Demóstenes e a Oración fúnebre (polos caídos da Guerra Lamiana).