A lixa negra,[1] Centrophorus squamosus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que se distribúe polo Atlántico oriental, desde Islandia até o cabo da Boa Esperanza; polo océano Índico occidental e polo oeste do Pacífico, nas costas de Honshu (Xapón), Filipinas, sueste de Australia e Nova Zelandia.

Lixa negra
(Centrophorus squamosus)
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squaliformes
Familia: Centrophoridae
Xénero: Centrophorus
Especie: C. squamosus
Nome binomial
Centrophorus squamosus
(Bonnaterre, 1788)
Distribución da lixa negra
Distribución da lixa negra

Distribución da lixa negra

Características editar

De até 158 cm de lonxirtude máxima, ten dúas aletas dorsais con espiñas, a primeira relativamente baixa e longa, carecendo de aleta anal. Os ollos son grandes, e a pel, áspera.

Hábitat e bioloxía editar

Vive a entre os 230 e os 2.360 m de profundidade, pero polo xeral por debaixo dos 1.000 m. Aliméntase de peixes, cefalópodos e camaróns. A súa reprodución é ovovivípara, parindo as femias un máximo de 5 crías por camada.

Estado de conservación editar

Segundo a UICN, o seu estado de conservación é de especie vulnerábel.[2]

 
Cabeza.

En Galicia editar

A especie está citada en augas próximas a Galicia[3], predominando cinco veces os machos sobre as femias nas capturas [4].

Notas editar

  1. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 189.
  2. Centrolophus squamosus na Lista vermella da IUCN. (en inglés) Consultada o 14/12/2012.
  3. Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 93.
  4. Castor Guisande (2013) Tiburones, Rayas, Quimeras, Lampreas y Mixínidos de la Península Ibérica y Canarias. Ediciones Díaz de Santos, p. 112

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189.
  • Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar