Escualiformes
Escualiformes Squaliformes Rango fósil: xurásico tardío - actualidade[1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melga (Squalus acanthias) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias e Xéneros | |||||||||||||||||
|
A dos escualiformes (Squaliformes) é unha orde de peixes elasmobranquios da superorde dos escualomorfos.[2]
Comprende cerca de 125 especies distibuídas en sete familias.[3]
Pódense encontrar en todo o mundo, desde as augas polares ás tropicais, en zonas costeiras de augas pouco profundas ou en mar aberto.[4]
Características
editarOs membros desta orde teñen dúas aletas dorsais, e carecen de aleta anal. Presentan cinco fendeduras branquiais e posúen espiráculos. Carecen de membrana nictitante. Moitas especies habitan en augas profundas.[5]
Taxonomía
editarDescrición
editarA orde foi descrita en 1973 polo ictiólogo estadounidense Leonard Compagno.[6]
Clasificación
editarA orde dos escualiformes comprende 22 xéneros repartidos en 7 familias:
- Familia Echinorhinidae Gill, 1862
- Xénero Echinorhinus
- Familia Centrophoridae Bleeker, 1859
- Xénero Centrophorus
- Xénero Deania
- Familia Dalatiidae (J. E. Gray, 1851)
- Xénero Dalatias
- Xénero Euprotomicroides
- Xénero Heteroscymnoides
- Xénero Isistius
- Xénero Mollisquama
- Xénero Squaliolus
- Familia Etmopteridae Fowler, 1934
- Xénero Aculeola
- Xénero Centroscyllium
- Xénero Etmopterus
- Xénero Microscyllium
- Xénero Trigonognathus
- Familia Oxynotidae Gill, 1872
- Xénero Oxynotus
- Familia Somniosidae D. S. Jordan, 1888
- Xénero Centroscymnus
- Xénero Proscymnodon
- Xénero Scymnodalatias
- Xénero Somniosus
- Xénero Zameus
- Familia Squalidae Blainville, 1816
- Xénero Cirrhigaleus
- Xénero Squalus
En Galicia
editarEn augas próximas ás costas galegas, ou nos nosos portos, pódense ver as especies seguintes:[7][8]
- Familia Echinorhinidae
- Echinorhinus brucus (Bonnaterre, 1788) - o escualo espiñento
- Familia Centrophoridae
- Deania calcea (Lowe, 1839)
- Familia Etmopteridae
- Etmopterus spinbax (Linnaeus, 1758) - a gata de mar
- Etmopterus pusillus (Lowe, 1839) - a gata de mar pequena
- Familia Somniosidae
- Familia Squalidae
- Squalus acanthias Linnaeus, 1758 - a melga
- Squalus blainvillei (Risso, 1826) - a melga de Blainville
Notas
editar- ↑ Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2009): Squaliformes, en FishBase. Versión de xaneiro de 2009.
- ↑ Squaliformes no WoRMS.
- ↑ Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2010): Squaliformes, en FishBase. Versión de xaneiro de 2010.
- ↑ Stevens, J. & Last, P. R. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. ed. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 64.
- ↑ Froese e Pauly (2010), Op. cit.
- ↑ Squaliformes Compagno, 1973 no ITIS.
- ↑ Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
- ↑ Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escualiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escualiformes |
Bibliografía
editar- David A. Ebert, Sarah L. Fowler & Leonard J. V. Compagno (2013): Sharks of the World. A Fully Illustrated Guide. Plymouth, UK: Wild Nature Press (Princeton University Press). ISBN 978-0-9573-9460-5.
- Joseph S. Nelson (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
- Joseph S. Nelson, Terry C. Grande & Mark V. H. Wilson (2016): Fishes of the World, 5th Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.
- Leonard Compagno & Sarah Fowler (2005): Collins Field Guide Sharks of the World. Collins. ISBN 978-0-0071-3610-0.