Abrir o menú principal

Deania é un xénero de tiburóns da orde dos escualiformes (Squaliformes) e familia dos centrofóridos (Centrophoridae) caracterizados por presentaren longos fociños. Comprende as 4 especies relacionadas a continuación.

EspeciesEditar

Artigo principal: Zapata de bico.
  • Deania calcea (Lowe, 1839)
  • Deania hystricosa (Garman, 1906)
  • Deania profundorum (Smith et Radcliffe in Smith, 1912)
  • Deania quadrispinosum (McCulloch, 1915)

Deania calcea, a zapata de bico, é unha especie que vive nas costas do océano Pacífico ao redor de Honshu, Xapón, no sur de Australia, Nova Zelandia e Chile, e no océano Atlántico, desde Islandia até o cabo da Boa Esperanza (Suráfrica). >De corpo alngado, ten un fociño moi longo e estreito, dúas aletas dorsais longas e baixaas, con espiñas acanaladas e pequenas aletas pectoris, carecendo de aleta anal. Vive a profundidades de entre 73 e 1.450 m. É ovovivíparo, cun máximo de doce crías por camada. Aliméntase de peixes óseos e camaróns.

Deania hystricosa, a zapata lixa, ten un fociño aínda máis longo que a especie anterior. O seu tamaño tamén é algo maior (até 109 cm), e a súa pel é piel moi áspera. Habita no Atlántico leste ao redor da illa da Madeira e no oeste do Pacífico, ao sur do Xapón, e só se ten visto en contadas ocasións. Vive profundidades de entre os 600 e os 1.000 m. Ovovivíparo, probabelmente con camadas de 12 crías.

Deania profundorum, a zapata seta, é a especie máis pequena do xénero (máximo, 76 cm), e ten o longo fociño moiu afiado, como unha frecha (de aí os seus nomes vulgares). Propia de augas profundas (vive entre os 300 e os 1.785 m de profundidade), encontrándose no océano Pacífico ao redor de Filipinas, no Atlántico oriental ao longo da costa de África e nas costas surafricanas do Índico. Como as outras especies do xénero aliméntase de paixes óseos e crustáceos, e é ovovivíparo, con de 5 a 7 crías por camada.

Deania quadrispinosa encóntrase no Atlántico (costas de Namibia), no Índico (costas de Mozambique) e no Pacífico sur, fonte Australia, a profundidades de entre 150 e 732 m. Algo maior que os seus conxéneres (até 114 cm), ten o fociño aínda máis longo que a zapata de bico, caracterizándose polo seu dorso de cor parda escura e pola presenza de espiñas pequenas e velenosas nas aletas dorsais.

Galería de imaxesEditar

Mapas de distribuciónEditar

En GaliciaEditar

Nos mares próximos ás costas galegas está citada a especie Deania calcea.[2][3] Ningún destes autores dan un nome popular galego para esta especie, pero sí o fan Lahuerta e Vázquez,[4] que lle adxudican o de zapata de bico e, como sinónimo, zapata paxariño.[5] Ademais, mestes autores tamén lles adxudican nome galego ás especies D. hystricosa (zapata lixa) e D. profundorum (zapata seta).[4]

NotasEditar

  1. Sepkoski, Jack (2002): "A compendium of fossil marine animal genera" (Chondrichthyes entry). Bulletins of American Paleontology 364: 560. [1] Arquivado 10 de maio de 2012 en Wayback Machine. Consultada o 13/12/2012.
  2. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. (Citada como Deania calceus).
  3. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0. (Citada como Deania calceus).
  4. 4,0 4,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 190.
  5. Os nomes da especie son, en inglés, birdbeard dogfish (peixe can bico de paxaro"); en castelán, tollo pajarito; en francés, squale savate ("escualo zapatilla"), e en portugués, sapata' (este último, segundo os autores citados).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8,
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. (Citada como Deania calceus).
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0. (Citada como Deania calceus).

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar