Lista de siglas e acrónimos de alimentación

artigo de listas da Wikimedia

Na seguinte lista de siglas e acrónimos de alimentación incluiranse os seguintes:

  • Termos relacionados cos alimentos e os seus compoñentes ou principios inmediatos.
  • Termos relacionados coa industria alimentaria e a presentación e comercialización de alimentos.
  • Termos relacionados coa nutrición e máis os trastornos ou patoloxías derivadas dunha alimentación deficiente.
  • Termos identificativos de organismos, oficiais ou non, nacionais ou internacionais, dedicados específica ou fundamentalmente á alimentación.

AEditar

BEditar

CEditar

  • CAE: Código Alimentario Español, norma legal publicada en 1967 que unificaba a definición, clasificación e condicións de elaboración e comercialización dos alimentos e materiais en contacto cos mesmos. A actual lexislación alimentaria rematou por derroga-la maior parte do seu articulado.
  • CDR: cantidade diaria recomendada, a cantidade que se debe inxerir diariamente dun determinado nutriente para satisface-las necesidades mínimas do consumidor medio. Por veces determínase en función da idade, sexo ou de certas necesidades específicas (xestación, lactación, traballo intenso etc.).

DEditar

  • DDD: desinfección, desinsectación e desratización, programa de loita que instauran as empresas alimentarias contra a contaminación microbiolóxica e a presenza de pragas de insectos ou roedores nas súas instalacións.
  • DHA: ácido docosahexaenoico, ácido graxo poliinsaturado do grupo dos omega 3, inxerido principalmente a través da graxa do peixe.
  • DO: Denominación de Orixe, marca de calidade agroalimentaria utilizada en España para recoñecer que un determinado alimento é dunha calidade superior ós seus homónimos por posuír características propias e diferenciais, debidas ó medio xeográfico do que procede a materia prima e ó proceso de elaboración, e que foron fabricados ou transformados no ámbito xeográfico da denominación. Por exemplo, queixo de Tetilla, viño Rías Baixas ou Mexillón de Galicia. Algúns destes alimentos son recoñecidos a nivel da Unión Europea, baixo o selo de Denominación de Orixe Protexida.
  • DOP: Denominación de Orixe Protexida (ver DO).
  • DSP: Toxina diarreica dos moluscos (Diarrhoeic Sellfish Poisoning), toxina que pode estar presente nos moluscos bivalvos e provocar trastornos diarreicos ou entéricos nos consumidores.

EEditar

  • e: símbolo que aparece nalgunhas etiquetas de alimentos envasados, a continuación da cantidade que indica o peso ou volume do envase. Expresa o contido efectivo medido en condicións fixas e cunha marxe de erro máximo determinada.
  • E: código internacional para identifica-los aditivos alimentarios mediante un número ou clave que designa cada un deles.
  • EEB: encefalopatía esponxiforme bovina, enfermidade propia do gando vacún, caracterizada por dexeneración do sistema nervioso, transmisible ó home no que produce a denominada variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.
  • EFSA: European Food Safety Authority, Axencia Europea de Seguridade Alimentaria, organismo da Unión Europea responsable de defini-los principios e requisitos relacionados coa seguridade alimentaria nos países membros [5].
  • EOA: enfermidade de orixe alimentaria, denominación común ás enfermidades transmitidas por alimentos que afectan a persoas que teñen en común ter consumido un mesmo alimento e que cursan dunha forma colectiva e simultánea, con síntomas dixestivos, habitualmente.
  • EPA: ácido eicosapentanoico, ácido graxo poliinsaturado do grupo dos omega 3, inxerido principalmente a través da graxa do peixe.
  • ETA: enfermidade de transmisión alimentaria. Ver EOA.

FEditar

  • FAO: Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, organismo internacional que coordina as actividades internacionais dirixidas a incrementa-la produción de alimentos e á erradicación da fame [6].
  • FDA: Food and Drug Administration, axencia para os alimentos e medicamentos, organismo gobernamental americano responsable da autorización e control destes produtos tanto estean destinados a consumo humano como ó consumo animal [7].
  • FIFO: First In, First Out, o primeiro en entrar ó o primeiro en saír, sistema de rotación de recursos (na industria alimentaria e noutros moitos sistemas de xestión) baseado en utilizar en primeiro lugar aquelas materias primas recibidas con maior antigüidade, co que se evita o perigo de empregar produtos caducados ou próximos á data de caducidade.
  • FOGGA: Fondo Galego de Garantía Agraria (antes, Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGGA)).
  • FOS: frutooligosacáridos, certos carbohidratos presentes nos alimentos de orixe vexetal. Os principais son a oligofrutosa e a inulina.
  • FROM: Fondo de Regulación e Organización do Mercado dos Produtos da Pesca e Cultivos Mariños, organismo Autónomo, adscrito ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co obxectivo de deseñar e desenvolver programas e accións dirixidas a promociona-lo consumo de produtos pesqueiros e dirixi-lo seu mercado [8].
  • FUFOSE: Functional Food Science in Europe, Comisión sobre a Ciencia dos Alimentos Funcionais en Europa. Ten como obxectivo desenvolver e establecer criterios científicos para respalda-la venda dos alimentos considerados funcionais [9].

GEditar

  • GMO: Genetically Modified Organism, organismo modificado xeneticamente. Ver OMG.
  • GPCH: Guía de prácticas correctas de hixiene, documento polo que unha empresa alimentaria controla e prevé os posibles perigos sanitarios que se poidan presentar na súa actividade. Pode completar ou substituí-lo sistema APPCC, segundo a actividade, riscos ou tamaño da empresa.

HEditar

IEditar

JEditar

  • JEFCA: Joint FAO/WHO Expert Committee on Food Additives, Comité Mixto FAO/OMS de Expertos en Aditivos Alimentarios, comité científico internacional dependente da FAO e da OMS, que ten como función avalia-la inocuidade dos aditivos alimentarios e os límites máximos admisibles de contaminantes ou de residuos de medicamentos veterinarios presentes nos alimentos [11].

LEditar

  • L: Lote, código numérico ou alfanumérico co que o fabricante identifica unha partida de alimentos fabricada en condicións practicamente idénticas. Asúmese que tódolos envases fabricados baixo un mesmo número de lote son homoxéneos, tanto en termos de calidade como de seguridade.
  • LDL: Low Density Lipoproteins, lipoproteínas de alta densidade, fracción do colesterol denominado popularmente como colesterol malo (ver tamén HDL).

MEditar

NEditar

  • NAOS: Nutrición, Actividade Física e Prevención da Obesidade. A estratexia NAOS é un programa creado en 2005 polo Ministerio de Sanidade e Consumo para sensibilizar á poboación dos prexuízos da obesidade para a saúde e promocionar hábitos de vida saudables especialmente na infancia e adolescencia [14].
  • NRSA: número de rexistro sanitario de alimentos, código que identifica en España as industrias dedicadas á elaboración, almacenamento e transformación de alimentos. Este código está formado por dous díxitos que indican o sector ó que pertencen, cinco díxitos que identifican o establecemento, e as siglas da provincia na que se localice. Por veces adoita indicarse como NRS ou RSI.

OEditar

PEditar

  • PCC: punto de control crítico, calquera fase, etapa ou procedemento nunha industria alimentaria no que poida controlarse, evitarse, eliminarse ou reducirse a un nivel aceptable calquera perigo para a seguridade alimentaria (ver APPCC).
  • PLT: Produto lácteo tradicional, denominación dos produtos derivados do leite, principalmente queixos, elaborados de forma artesanal e tradicional, a partir de leite cru de vaca, een establecementos inscritos nun rexistro especial de explotacións agrarias.
  • PSP:
    • Toxina paralizante dos moluscos (Paralytic Shellfish Poisoning), toxina paralizante (tamén chamada, impropiamente, paralítica), que pode estar presente nos moluscos bivalvos e provocar nos consumidores trastornos nerviosos.
  • PUFA: Poliunsatured Fat Acids, denominación inglesa de ácido graxo poliinsaturado.

REditar

  • RSI: rexistro sanitario industrial (ver NRS).

SEditar

TEditar

  • TG: Ternera Gallega [17].
  • TIA: toxiinfección alimentaria, enfermidade de orixe alimentaria producida por microorganismos presentes nos alimentos. Ver EOA.

UEditar

  • UHT: Ultra High Temperature, tratamento de hixienización do leite que consiste en sometelo a temperaturas moi altas (de 120-140 °C) durante un período de tempo moi breve (de 2 a 4 segundos). Este tratamento equivale a unha esterilización pero sen perdas nutritivas nin de calidade apreciables.