Índice de masa corporal

O Índice de Masa Corporal (ou corpórea, IMC, siglas en inglés: BMI -body mass index-), tamén coñecido como índice de Quetelet, é un número que pretende determinar, a partir da estatura e o peso, o rango máis saudable do peso dunha persoa. Utilízase como indicador nutricional desde principios de 1980. O IMC resulta da división da masa en quilogramos entre o cadrado da estatura expresada en metros.

O IMC tamén pode calcularse a partir de táboas[nota 1] ou gráficas que mostran o IMC en función da masa e a altura usando liñas de contorno para distintas categorías.[nota 2] O IMC é un criterio amplamente aceptado pero non é exacto. Clasifica as persoas en infrapeso, peso normal, sobrepeso e obesidade, baseándose exclusivamente na masa do individuo e a súa altura. Non mira a idade, o sexo, a porcentaxe de graxa corporal ou a masa muscular. Incluso a categorización ten certo debate sobre onde están os límites.[1] Acéptase comunmente o seguinte: infrapeso por debaixo de 18,5 kg/m², peso normal: 18,5 a 25, sobrepeso: 25 a 30, obesidade: máis de 30.[2] O IMC por debaixo de 20 e sobre 25 está asociado cunha maior probabilidade de mortalidade, diminuíndo o risco entre 20-25. A prevalencia de sobrepeso e obesidade é maior en América e menor no sueste asiático, e é o dobre en países con ingresos medios e altos que en países con ingresos baixos ou moi baixos.[2]


Por exemplo, se alguén ten unha masa ('pesa') 70 kg e mide 1.7 m, o IMC será:

En adultos acostuma establecerse un rango de 18-25 como saudable. O IMC en nenos é específico para idade e sexo (ver táboas CDC-2000). Un IMC por baixo de 18,5 indica desnutrición ou algún problema de saúde, mentres que un IMC superior a 25 indica sobrepeso. Máis de 30 considérase obesidade leve, e por riba de 40 hai 'obesidade mórbida' podendo requirir unha operación cirúrxica.

Estes rangos aplícanse a persoas entre 25 e 34 anos, e aumentan nun punto por cada dez anos por riba de 25. Así, un IMC de 28 é normal para persoas de 55-65 anos.

Clasificación da OMS do IMC editar

  • < 16 : Criterio de ingreso
  • 16 a 17: Infrapeso
  • 17 a 18: Baixo peso
  • 18 a 25: Peso normal (Saudable)
  • 25 a 30: Sobrepeso (Pre-obesidade)
  • 30 a 35: Sobrepeso crónico (Obesidade grao I)
  • 35 a 40: Obesidade premórbida (Obesidade grao II)
  • >40: Obesidade mórbida (Obesidade grao III)

(Todas as clasificacións deste estilo son relativas, e poden ter lixeiras diferenzas entre elas.)

Aínda que se recomenda un IMC entre 22,5 e 25, o valor obtido non é constante, senón que varía coa idade, o sexo e as proporcións de tecidos muscular e adiposo, polo que ter un IMC de 30 non sempre significa ser obeso. No caso dos adultos utilizouse como un dos recursos para avaliar o seu estado nutricional, de acordo cos valores propostos pola Organización Mundial da Saúde.[3][4][5]

Figura 3. Cambios do IMC coa idade dos nenos españois. Sinálanse os valores correspondentes dos percentís máis relevantes na práctica clínica.
Clasificación da OMS do estado nutricional de acordo co IMC[6]
Clasificación IMC (kg/m²)
Valores principais Valores adicionais
Baixo peso <18,50 <18,50
     Delgadeza severa <16,00 <16,00
     Delgadeza moderada 16,00 - 16,99 16,00 - 16,99
     Delgadeza leve 17,00 - 18,49 17,00 - 18,49
Normal 18,5 - 24,99 18,5 - 22,99
23,00 - 24,99
Sobrepeso ≥25,00 ≥25,00
     Preobesidade 25,00 - 29,99 25,00 - 27,49
27,50 - 29,99
     Obesidade ≥30,00 ≥30,00
          Obesidade leve 30,00 - 34,99 30,00 - 32,49
32,50 - 34,99
          Obesidade media 35,00 - 39,99 35,00 - 37,49
37,50 - 39,99
          Obesidade mórbida ≥40,00 ≥40,00
  • Algunhas organizacións consideran sobrepeso un índice superior a 27.0.
  • En adultos (maiores de 18 anos) estes valores son independentes da idade, sexa home ou muller.

As categorías por percentís do IMC axustado por idade e talle móstranse na seguinte táboa de acordo á CDC.[7]

Categoría de nivel de peso Intervalo do percentíl
Baixo peso Menos do percentíl 5
Eutrófico > percentíl 5 e < percentíl 85
Sobrepeso > 85 até percentíl 95
Obeso > percentíl 95

Correccións: idade e sexo editar

Hai que destacar que non se deben aplicar os mesmos valores de IMC en nenos e adolescentes debido ao seu constante aumento de estatura e o seu desenvolvemento corporal, polo que se calcula un IMC respecto á súa idade e ao seu sexo.

Por isto, primeiro débese contar coa data de nacemento para obter a idade e así ser máis precisos ao categorizar o grupo de idade.

Despois calcúlase o IMC coa mesma fórmula que para o adulto, e despois de calcularse o IMC para este grupo de idade, o valor do IMC comparárase en táboas de crecemento do CDC para o IMC por idade tanto para nenos e nenas respectivamente para obter a categoría do percentil. Ditos percentís son unha medida de dispersión que se utiliza con máis frecuencia para avaliar o tamaño e os padróns de crecemento de cada neno nos Estados Unidos, debido a que son menos susceptibles de presentar valores extremos e polo tanto erros nos rangos de valores. O percentil indica a posición relativa do número do IMC do neno entre nenos do mesmo sexo e idade. As táboas de crecemento mostran as categorías do nivel de peso que se usan con nenos e adolescentes (baixo peso, peso saudable, sobrepeso e obeso).

Estatísticas segundo as retroestruturalidades editar

Investigadores da Escola de Londres de Hixiene e Medicina Tropical analizaron a media do IMC de 177 países usando os datos da ONU sobre a poboación. A Organización Mundial da Saúde estima a masa e a altura no mundo a través dos exames de saúde nacionais.[8]

Estes datos poden ser consultados en Índice de masa corporal da poboación por país.

Limitacións editar

 
Correlación entre o IMC e a porcentaxe de graxa corporal (%BF) de 8550 homes nunha estatística realizada polo National Health and Nutrition Examination Survey. Os datos no cuadrante superior esquerda e no dereito inferior mostran algunhas limitacións do IMC.[9]

O matemático Keith Devlin e o Center for Consumer Freedom (asociación da industria da restauración) defende que o erro no IMC é significante e tan habitual que o fai inútil para a avaliación da saúde.[10][11] O profesor Eric Oliver da Universidade de Chicago dixo que o IMC era conveniente pero tamén que era unha medida do peso inexacta, que forza certos grupos da poboación e debería ser revisado.[12]

Escala editar

O expoñente no denominador da fórmula para o IMC é arbitrario. O IMC depende do peso e do "cadrado" da altura. Mentres que a masa se incrementa da orde da terceira potencia, ao ser unha medida que depende do volume tridimensional, implica que os individuos máis altos coa mesma forma de corpo e composición relativa teñen un índice maior de BMI.[13]

Ignora variacións nas características físicas editar

O IMC engade aproximadamente un 10% para os individuos máis altos e baixa aproximadamente outro 10% para os máis pequenos. Noutras palabras, unha persoa cun talle pequeno podería ter máis graxa que o óptimo, pero o seu BMI reflectir que é "normal". Pola contra, unha persoa de talle grande (ou alto) podería ser un individuo saudable cun índice de graxa baixo, pero ser clasificado con sobrepeso[14]

Non diferencia entre masa muscular e masa graxa editar

O IMC asume unha distribución entre a masa muscular e a masa graxa que non son certas. O IMC xeralmente sobreestima o tecido adiposo naqueles con maior masa corporal (por exemplo atletas) e subestima o exceso de graxa naqueles con menor masa corporal. Un estudo en xuño de 2008 por Romero-Corral examinou a 13601 suxeitos dos Estados Unidos e encontrou que a obesidade (IMC>30) se encontraba presente no 21% dos homes e o 31% das mulleres. Mais usando a porcentaxe de graxa corporal encontrouse que a obesidade se encontraba no 50% dos homes e o 62% das mulleres. A pesar da subcontaxe que estimou o IMC, os valores do IMC si se encontraban nun rango asociado con porcentaxes de graxa corporal grandes.

Variación na relación coa saúde editar

Un estudo publicado polo Journal of the American Medical Association en 2005 demostrou que as persoas con sobrepeso teñen unha probabilidade de morrer similar ás persoas con peso normal tal e como o define o IMC, mentres aquelas "obesas" ou "por debaixo do normal" teñen unha probabilidade maior de morrer.[15]

Un estudo de 2010 que seguiron a 11.000 suxeitos durante 8 anos concluíu que o IMC non é unha boa medida para considerar o risco de ataque ao corazón, infarto de miocardio ou morte. Unha medida mellor podería ser o índice cintura-altura.[16]

Un estudo GWAS publicado en 2015 (realizado en poboación europea), conseguiu identificar loci (Locus) relacionados co IMC e que exercían diferentes efectos dependendo da idade do grupo de poboación. Grazas a isto, puidéronse establecer co-relacións con trazos cardiometabólicos ou obesidade. Mais aínda é necesario investigar máis en profundidade estas relacións con mostras de poboación máis amplas, co fin de obter unha mellor significación e obxectivización dos parámetros.[17]

IMC e diabetes editar

Saber se o índice de masa corporal pode correlacionarse con enfermidades como a diabetes tipo 2 foi debate na comunidade científica. Mais as investigacións non confirmaron unha relación directa entre estes dous parámetros.[18][19]

O interese apareceu a partir de datos extraídos de dous servizos de medicina nos Estados Unidos. A maioría dos pacientes con índice de masa corporal alto, tiñan tendencia a trastornos no metabolismo crónicos como a diabetes. Con todo, os resultados obtidos nas investigacións non o confirmaron. Ditos estudos deixan en claro que o IMC non é o mellor método para estimar se unha persoa pode ter diabetes ou non.[20]

Notas editar

  1. por exemplo o Body Mass Index Table Arquivado 10 de marzo de 2010 en Wayback Machine. do National Institutes of Health's NHLBI.
  2. Por exemplo no Reino Unido onde a xente a miúdo coñece o seu peso en stone e a altura en pés e pulgadas– ver "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2013. 
Referencias
  1. Malcolm Kendrick (12 de abril de 2015). "Why being 'overweight' means you live longer: The way scientists twist the facts". https://www.independent.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2015. Consultado o 12 de abril de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "WHO Mean Body Mass Index (BMI)". World Health Organization. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  3. Comité de Expertos da OMS sobre o estado físico: O estado físico: uso e interpretación da antropometría. Serie de informes técnicos, 854. Xenebra (Suíza): Organización Mundial da Saúde, 1995.
  4. Comité de Expertos da OMS sobre a obesidade: Obesity: preventing and managing the global epidemic. Report of a WHO consultation on obesity. WHO technical report series, 894. Xenebra (Suíza): Organización Mundial da Saúde, 2000.
  5. Organización Mundial da Saúde: Appropriate body-mass index for Asian populations and its implications for policy and intervention strategies. Xenebra (Suíza): Organización Mundial da Saúde, 2004.
  6. [1], BMI classification
  7. "Acerca del índice de masa corporal para niños y adolescentes". www.cdc.gov. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  8. Datos extraídos de BBC News - Where are you on the global fat scale?
  9. Romero-Corral, A; Somers, V K; Sierra-Johnson, J; Thomas, R J; Collazo-Clavell, M L; Korinek, J; et al. (2008). "Accuracy of body mass index in diagnosing obesity in the adult general population". International Journal of Obesity 32 (6): 959–66. PMC 2877506. PMID 18283284. doi:10.1038/ijo.2008.11. 
  10. "Do You Believe in Fairies, Unicorns, or the BMI?". Mathematical Association of America. 1 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2009. Consultado o 04 de febreiro de 2021.  Arquivado 05 de maio de 2009 en Wayback Machine.
  11. "Is obesity such a big, fat threat?". Cox News Service. 30 de agosto de 2004. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2007. Consultado o 8 de xullo de 2007.  Arquivado 04 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
  12. Sheldon, Linzi (26 de abril de 2005). "Oliver blames 'obesity mafia' for American weight scare". The Dartmouth. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2009. Consultado o 04 de febreiro de 2021.  Arquivado 04 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
  13. Taylor, R. S. (2010). "Use of Body Mass Index For Monitoring Growth and Obesity". Paediatrics & Child Health 15 (5): 258. PMC 2912631. PMID 21532785. 
  14. "Why BMI is inaccurate and misleading". Medical News Today. 
  15. Flegal, K. M.; Graubard, BI; Williamson, DF; Gail, MH (2005). "Excess Deaths Associated with Underweight, Overweight, and Obesity". JAMA 293 (15). PMID 15840860. doi:10.1001/jama.293.15.1861. 
  16. Schneider, H J; Friedrich, N; Klotsche, J; Pieper, L; Nauck, M; John, U; et al. (2010). "The Predictive Value of Different Measures of Obesity for Incident Cardiovascular Events and Mortality". Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism 95 (4): 1777–85. PMID 20130075. doi:10.1210/jc.2009-1584. 
  17. Winkler, Thomas W.; Justice, Anne E.; Graff, Mariaelisa; Barata, Llilda; Feitosa, Mary F.; Chu, Su; Czajkowski, Jacek; Esko, Tõnu; Fall, Tove (1 de outubro de 2015). "The Influence of Age and Sex on Genetic Associations with Adult Body Size and Shape: A Large-Scale Genome-Wide Interaction Study". PLoS genetics 11 (10): e1005378. ISSN 1553-7404. PMC 4591371. PMID 26426971. doi:10.1371/journal.pgen.1005378. Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  18. "The relationship of body mass index to diabetes mellitus, hypertension and dyslipidaemia: comparison of data from two national surveys". International Journal of Clinical Practice. 
  19. "Baseline BMI and Age-Adjusted Incidenceof Diabetes Mellitus" (PDF). Consultado o 28 de abril de 2022. 
  20. Nutricion360.es. "El índice de masa corporal NO refleja el porcentaje de grasa corporal". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2019. Consultado o 04 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar