Linguas mandés
As linguas mandés[1] son un grupo de linguas faladas en varios países do oeste de África polos pobos mandés, entre as cales se inclúen o maninka, o mandinga, o soninke, o bambara, o kpelle, o diula, o bozo, o mende, o susu e o vai. Existen arredor de "60 a 75 linguas faladas por entre 30 e 40 millóns de persoas,"[2] principalmente en Burkina Faso, Malí, o Senegal, Gambia, Guinea, Guinea-Bissau, Serra Leoa, Liberia e Costa do Marfil, así como no noroeste de Nixeria e norte de Benín.
Linguas mandés | ||
---|---|---|
Falado en: | Oeste de África | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Níxer-congo ? Linguas mandés | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas mandés amosan semellanzas léxicas coa familia de linguas atlántico-congolesas, e as dúas están clasificadas dentro da familia níxer-congo dende a década de 1950. Porén, as linguas mandés carecen da morfoloxía de clase substantiva que é o trazo identificativo principal das linguas atlántico-congolesas. Sen a axuda desta función, unha demostración da validez do grupo níxer-Congo requirirá reconstruír tanto o protomandé como o protoníxer-congo. Ata que se faga ese traballo, os lingüistas decidiron cada vez máis tratar a familia mandé e a atlántico-congolesa como familias lingüísticas independentes.
Notas
editar- ↑ Definición de mandé no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Vydrin, Valentin (2018). "Mande Languages". Oxford Research Encyclopedia of Linguistics. Oxford Research Encyclopedia of Linguistics. ISBN 978-0-19-938465-5. doi:10.1093/acrefore/9780199384655.013.397.