O tsakonio ou lingua tsakona (Τσακωνική γλώσσα en grego moderno) é un dialecto grego falado na rexión da Tsakonia (Τσακωνία), nomo de Arcadia (Peloponeso), actualmente falado nun grupo de aldeas situadas na costa leste de Arcadia ao longo do golfo de Argólida. Porén, antes debía estenderse máis ao oeste de Arcadia, así como nunha parte da Laconia.

Tsakonio
Falado en: Grecia
Rexións: Leste do Peloponeso, arredor do monte Parnon.
Total de falantes: 2 000–4 000 (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Helénica
  Grego dórico
   Tsakonio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tsd
Mapa

Territorio de fala tsakonia en azul.
Status

O grego capadocio está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Historia e características

editar

Este dialecto deriva do dorio, un dos antigos dialectos gregos da Grecia Antiga. Distínguese pois claramente do grego moderno polo seu vocabulario e a súa pronunciación, especialmente porque preservou o digamma, antigo fonema /w/ convertido en /v/ nalgunhas palabras (mentres que na lingua común, o digamma caeu hai moito tempo). Así, pódese comparar a palabra vanne, «año», co xónico-ático ἀρνίον / arníon, os dous saídos dun étimo warn-.

En canto ao léxico, o tsakonio ten préstamos do grego moderno, do albanés e do turco pero o vocabulario principal é claramente de orixe dórica.

Barreiras xeográficas naturais illaron a Tsakonia do resto de Grecia ata o século XIX, preservando así a orixinalidade da lingua. Pero desde a independencia de Grecia, sostida polos poderosos armadores da costa tsakonia, o desenvolvemento da educación en grego moderno fai baixar o número de falantes, que se estimaba en 200 000 antes da independencia. Máis recentemente, desde os anos setenta, o éxodo rural cara a Atenas e a introdución da televisión na rexión provocaron unha nova baixada masiva no número de falantes do tsakonio en beneficio do grego moderno. Hai esforzos recentes de reintrodución do tsakonio nas escolas. Actualmente[cando?] estímase que só unhas 300 persoas falan normalmente o tsakonio, mentres que sobre 2000 o comprenden.[Cómpre referencia]

  1. Campbell, Lyle; Bellew, Anna (2018). Cataloguing the World's Endangered Languages (en inglés). Routledge. pp. 204–205. ISBN 9781317413899. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
Historia da
lingua grega

(ver tamén: alfabeto grego)
Protogrego (c. –2000)
Micénico (c. -1600-1100)
Grego antigo (c. –800-300)
Dialectos:
Eolio, Arcadochipriota, Ático,
Dórico, Macedonio, Xónico
Koiné (desde c. -300)
Grego bizantino (c. -3301453)
Grego moderno (desde 1453)
Dialectos:
Capadocio, Chipriota,
Demótico, Griko, Katharevousa,
Póntico, Tsakonio, Ievánico