Lingua manx
A lingua manx[2][3] (tamén coñecida como gaélico manx, Yn Ghaelg en manx) é unha lingua celta que se fala na illa de Man, unha pequena illa do Mar de Irlanda que constitúe unha dependencia autogobernada da coroa británica e que non pertence ao Reino Unido.
Manx Yn Ghaelg, Yn Ghailck | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /gɪlg/) | |
Falado en: | Reino Unido | |
Rexións: | Illa de Man | |
Total de falantes: | 1.800 (2015)[1] | |
Posición: | Non está entre as cen primeiras do mundo. | |
Familia: | Indoeuropea Celta Insular Gaélica Manx | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Algún uso oficial por parte do Tynwald | |
Regulado por: | Coonseil ny Gaelgey (consello da lingua manesa) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | gv
| |
ISO 639-2: | glv | |
ISO 639-3: | glv
| |
![]() |
No século V, os goidélicos ou gaélicos, procedentes de Irlanda invaden a illa, traendo a súa lingua céltica, que, cos séculos, evolucionaría ata se converter na actual lingua manx, a cal tamén ten préstamos nórdicos, froito das sucesivas invasións viquingas: primeiro no século IX e logo unha segunda invasión viquinga procedente de Irlanda no século XI. A illa mantívose baixo dominación norueguesa ata a segunda metade do século XIII.
O illamento da illa e a súa dependencia da coroa inglesa (logo británica) a partir do século XIV fixeron que o manx adoptase unha grafía baseada no inglés e non noutros idiomas celtas.
A poboación conservou o seu idioma ata o século XVII, comezando a declinar no século XVIII [4] cando comezou a súa decadencia. En 1831 falábao regularmente o 30% da poboación; en 1901 só o falaban 970 persoas e o último falante nativo de manx, Ned Maddrell, morreu o 27 de decembro de 1974[5] á idade de 97 anos.
Hoxe en día, o manx sobrevive grazas a un pequeno número de persoas que o aprenderon como segunda lingua e que intentan potencialo fronte ao inglés, a súa lingua materna. En 2001 un 2.2% da poboación da Illa de Man, 1.689 de 76.315 habitantes, aseguraba poder desenvolverse en manés, aínda que en graos diversos. Non foi até 2003 cando o goberno pasou a introducilo oficialmente na escola. Actualmente, o manés é segunda lingua nas escolas primarias e secundarias, na universidade da Illa e no centro de estudos de manés. Alén diso, unha escola privada, o Bunscoill Ghaelgagh, ten o manés como lingua principal. Ademais, xa hai dúas ducias de rapazas e rapaces que teñen o manés como lingua materna.
HistoriaEditar
A lingua manx é unha lingua goidélica, estreitamente relacionada coa lingua irlandesa e a lingua gaélico escocesa. En xeral non son mútuamente intelixibles entre elas, aínda que os falantes das tres linguas encontran doado acadar competencia pasiva nas respectivas linguas e mesmo a falalas.
Ao igual que o gaélico escocés e o irlandés moderno, a lingua manx deriva de formas antigas do irlandés. A lingua máis antiga coñecida na Illa de Man foi unha forma da lingua británica.
GramáticaEditar
FonoloxíaEditar
ConsoantesEditar
A lingua manx ten os seguintes fonemas consonánticos:
Bilabial | Labiodental | Dental | Alveolar | Postalveolar | Palatal | Palatovelar | Velar | Labiovelar | Glottal | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oclusiva | p | b | t̪ | d̪ | tʲ | dʲ | kʲ | ɡʲ | k | ɡ | ||||||||||
Fricativa | f | v | s | ʃ | xʲ | ɣʲ | x | ɣ | h | |||||||||||
Nasal | m | n | nʲ | ŋ | ||||||||||||||||
Vibrante múltiple | r | |||||||||||||||||||
Aproximante | j | w | ||||||||||||||||||
Lateral | l | lʲ |
VogaisEditar
A lingua manx ten os seguintes fonemas vocálicos:
Curta | Longa | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Anterior | Central | Posterior | Anterior | Central | Posterior | |
Pechada | i | u | iː | uː | ||
Media | e | ə | o | eː | oː | |
Aberta | (æ) | a | (æː) | aː |
Mostra textualEditar
Evanxeo de Xoán, V 1 - 8 .
- 1. Ayns y toshiaght va'n Goo, as va'n Goo marish Jee, as va'n Goo Jee.
- 2. Va'n Goo cheddin ayns y toshiaght marish Jee.
- 3. Liorishyn va dy chooilley nhee er ny yannoo; as n'egooish cha row nhee erbee jeant va er ny jannoo.
- 4. Aynsyn va bea, as va'n vea soilshey deiney.
- 5. As ren y soilshey soilshean ayns y dorraghys, as cha ren y dorraghys goaill-rish.
- 6. Va dooinney er ny choyrt veih Jee va enmyssit Ean.
- 7. Haink eh shoh son feanish, dy ymmyrkey feanish jeh'n toilshey, liorishyn dy voddagh dy chooilley ghooinney credjal.
- 8. Cha nee eh va'n soilshey shen, agh v'eh er ny choyrt dy ymmyrkey feanish jeh'n toilshey shen.
Frases típicas en manxEditar
Manx | Gaélico escocés | Irlandés | Galego |
---|---|---|---|
Failt | Fàilte | Fáilte | Benvido |
Hello | Halò | Haileo ou Dia dhuit | Ola |
Kys t'ou? | Ciamar a tha thu? | Conas atá tú? (Cad é mar atá tú? no Ulster) | Que tal estás? |
Kanys ta shiu? | Ciamar a tha sibh? | Conas atá sibh? (Cad é mar atá sibh? no Ulster) | Que tal estades? (plural, singular formal) |
Moghrey mie | Madainn mhath | Maidin mhaith | Bos días |
Fastyr mie | Feasgar math | Trathnóna maith | Boas tardes |
Oie vie | Oidhche mhath | Oíche mhaith | Boas noites |
Gura mie ayd | Tapadh leat | Go raibh maith agat | Moitas grazas |
Cre'n ennym t'ort? | Dè an t-ainm a tha ort? | Cad é an t-ainm atá ort? | Como te chamas? |
Cre'n ennym t'erriu? | Dè an t-ainm a tha oirbh? | Cad é an t-ainm atá oraibh? | Como vos chamades? |
Mish... | Is mise... | Is mise... | Eu son... |
Slane lhiat | Slàn leat | Slán leat | Adeus |
Cre shoh? | Dè a tha seo? | Cad é seo? | Que é isto? |
Slaynt | Slàinte | Sláinte | Saúde (ó beber) |
NotasEditar
- ↑ Sarah Whitehead. "How the Manx language came back from the dead | Education". The Guardian. Consultado o 25 de xuño de 2017.
- ↑ "Entrada manx en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "Dicionario Ir Indo". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2009.
- ↑ R. L. Thomson The History of the Celtics Languages in the British Isles en Peter Trudgill Language in the British Isles. CUP Archive, 1984, páxina 257
- ↑ Mark Abley Spoken Here: Travels Among Threatened Languages. Houghton Mifflin Harcourt, 2005, páxina 96
Véxase taménEditar
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua manx |
A Galipedia ten un portal sobre: Illa de Man |