Lingua hausa

A lingua hausa[1] é un membro das linguas afroasiáticas. É falada por unhas 24 millóns de persoas, os hausas, como lingua nativa, e por outras 15 millóns de persoas como segunda lingua.

Hausa
Harshen Hausa هَرْشَن هَوْسَ‬
Falado en: Níxer, Nixeria, Ghana, Benin, o Camerún, Costa do Marfil, Togo e o Sudán.
Total de falantes: 43,6 millóns (2015–2016)
20 millóns como segunda lingua
Familia: Afroasiático

 Chadiano
  Occidental
   Hausa-guandara

    Hausa
Escrita: Latina (alfabeto boko)
Árabe (escrita ajami)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Níxer Níxer (status nacional)
Nixeria Nixeria
Ghana Ghana (status nacional)
Códigos de lingua
ISO 639-1: ha
ISO 639-2: hau
ISO 639-3: hau
SIL: HUA
Hausa language map.png

ClasificaciónEditar

O hausa pertence ás linguas chadianas occidentais, un subgrupo das linguas chadianas, e por iso é un membro das linguas afroasiáticas. É un idioma tonal.

Distribución xeográficaEditar

Os falantes nativos encóntranse no Níxer e no norte de Nixeria, pero úsase como lingua franca nunha área maior na África occidental, especialmente entre os musulmáns, considerándose unha lingua importante do continente.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar