Linguas chadianas

póla da familia de linguas afroasiáticas

As linguas chadianas[1] son unha póla da familia de linguas afroasiáticas. Son faladas en partes do Sahel. Inclúen unhas 150 linguas ó longo do norte de Nixeria, sur de Níxer, sur do Chad, a República Centroafricana e o norte do Camerún. A lingua chadiana máis falada é o hausa, unha lingua franca de gran parte da zona oriental de África occidental.

Chadiano
Falado en: Nixeria, Níxer, o Chad, a República Centroafricana e o Camerún
Total de falantes:
Familia: Afroasiática
 Chadiano
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Linguas chadianas en verde escuro.
Status

Composición

editar

Newman (1977) clasificou as linguas en catro grupos que foron aceptados en toda a literatura posterior. Porén, non se ten unha feito unha subclasificación máis polo miúdo; Blench (2006), por examplo, só acepta a bifurcación A/B do chadiano oriental.[2]

(A) o hausa e as linguas ron, bole e linguas angas; e
(B) as linguas bade, warji e zaar.
(A) o bura, o kamwe e o bata, entre outras;
(B) o buduma e o musgu; e
(C) didar
(A) o tumak, o nancere e o kera; e
(B) o dangaléat, o mukulu e o sokoro
 
Unha árbore xeanolóxica coa póla chadiana das linguas afroasiáticas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lukas, Johannes (1936) 'The linguistic situation in the Lake Chad area in Central Africa.' Africa, 9, 332–349.
  • Lukas, Johannes. Zentralsudanische Studien, Hamburg 1937;
  • Newman, Paul and Ma, Roxana (1966) 'Comparative Chadic: phonology and lexicon.' Journal of African Languages, 5, 218–251.
  • Newman, Paul (1977) 'Chadic classification and reconstructions.' Afroasiatic Linguistics 5, 1, 1–42.