Lingua flexiva
tipo de lingua sintética que usa moitos afixos
(Redirección desde «Lingua fusional»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
En tipoloxía lingüística, parte da lingüística, e segundo criterios morfolóxicos, unha lingua flexiva (tamén chamadas flexionais ou fusionais) é unha lingua na que as palabras se forman engadindo ao lexema unha serie de afixos, pero de xeito que non hai unha correspondencia biunívoca entre morfemas e trazos semánticos ou funcións gramaticais.
Exemplos:
- en galego cantabamos pódese segmentar en morfemas que indican tempo (-ba-) e persoa e número (-mos). Este último morfema resume dúas categorías gramaticais, cousa que distingue as linguas flexivas das aglutinantes.
As linguas flexivas distínguense das linguas aglutinantes, das linguas illantes e das linguas polisintéticas.
Entre as linguas flexivas figuran especialmente moitas das indoeuropeas (entre elas o galego)