Liñaceiro bicoamarelo
O liñaceiro bicoamarelo[2] ou liñaceiro de bico amarelo[3] ou liñaceiro biquiamarelo[4] (Linaria flavirostris, antes Carduelis flavirostris) é un pequeno paseriforme marrón da familia dos pimpíns (Fringillidae).
Liñaceiro bicoamarelo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución de L. flavirostris Área reprodutora Residente Área non reprodutora
| |||||||||||||||
Subspecies | |||||||||||||||
See text | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
É similar en tamaño ao liñaceiro común, de 13 a 13,5 cm de longo. Carece da mancha vermella na cabeza e peito que teñen o liñaceiro común e os Acanthis (como o liñaceiro paponegro). Ten manchas brancas coa parte superior negra e unha rabadilla rosa. As partes inferiores son de beixes a brancas, con manchas lineares marróns. O bico cónico é amarelo en inverno e gris en verán. A chamada é un distintivo chío e a súa canción comprende rápidos trilos e chíos.[5] Poden formar grandes bandadas fóra da estación reprodutora, ás veces mesturados con outros pimpíns nas costas e marismas salinas. Aliméntanse principalmente de sementes.
Reprodúcese no norte de Europa e a través de Asia central. En Galicia é unha ave accidental.[2] Os páramos sen árbores son os seus terreos preferidos para reproducirse. Constrúe o seu niño nun arbusto e pon 5 ou 6 ovos azuis claros.[6] É parcialmente residente, pero moitos migran máis ao sur, ou trasládanse ás costas.[7] Diminuíu abruptamente en partes da súa área, notablemente en Irlanda.[8] En Gran Bretaña están en marcha varios proxectos de investigación sobre a especie nos Peninos, as Terras Altas de Escocia e no norte de Gales. Reprodúcese tamén en Noruega.
Taxonomía
editarEn 1758 o naturalista sueco Carl von Linné incluíu a este liñaceiro na súa 10ª edición da súa obra Systema Naturae co nome binmial Fringilla flavirostris.[9][10] O nome do xénero, Linaria é a palabra latina que significa 'tecedor de liño', de linum, 'liño' e flavirostris significa 'de bico amarelo'.[11] O liñaceiro bicoamarelo e o estreitamente relacionado liñaceiro común estaban antes situados no xénero Carduelis pero foron trasladados ao xénero separado Linaria baseándose nunha análise filoxenética de secuencias de ADN mitocondrial e ADN nuclear.[12][13]
Recoñécense 10 subespecies:[12]
- L. f. bensonorum (Meinertzhagen, R, 1934) - Nas Hébridas Exteriores ao oeste de Escocia (ás veces incluída en pipilans).[14]
- L. f. pipilans (Latham, 1787) - En Irlanda do Norte e norte de Gran Bretaña.
- L. f. flavirostris (Linnaeus, 1758) - No norte de Escandinavia e noroeste de Rusia.
- L. f. brevirostris (Bonaparte, 1855) - En Turquía, o Cáucaso e norte de Irán.
- L. f. kirghizorum (Sushkin, 1925) - No norte e centro de Casaquistán.
- L. f. korejevi (Zarudny & Harms, 1914) - No noroeste de Casaquistán ata o noroeste da China.
- L. f. altaica (Sushkin, 1925) - No suroeste de Siberia, norte e oeste de Mongolia.
- L. f. montanella (Hume, 1873) - De Kirguizistán ao oeste da China.
- L. f. pamirensis (Zarudny & Harms, 1914) - De Taxiquistán, norte de Afganistán e noroeste de Paquistán (ás veces incluído en montanella).[14]
- L. f. miniakensis (Jacobi, A, 1923) - No leste do Tíbet e oeste da China.
- L. f. rufostrigata (Walton, 1905) - No oeste e sur do Tíbet, norte da India e norte do Nepal.
Notas
editar- ↑ "Carduelis flavirostris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Definición de Liñaceiro bicoamarelo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Clement, Harris & Davis 1993, pp. 246–247
- ↑ Perrins 1987, p. 196
- ↑ Newton 1973
- ↑ BirdWatch.Ireland. "Irish Twite danger". BirdLife Europe. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 12 August 2014.
- ↑ Paynter, Raymond A. Jnr., ed. (1968). Check-list of birds of the world, Volume 14. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 253.
- ↑ Linnaeus, C. (1766). Systema Naturæ per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Volume 1 (en Latin) (10th ed.). Holmiae:Laurentii Salvii. p. 182.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, United Kingdom: Christopher Helm. pp. 161, 227. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ 12,0 12,1 Gill, Frank; Donsker, David (eds.). "Finches, euphonias". World Bird List Version 5.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 5 June 2015.
- ↑ Zuccon, Dario; Prŷs-Jones, Robert; Rasmussen, Pamela C.; Ericson, Per G.P. (2012). "The phylogenetic relationships and generic limits of finches (Fringillidae)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 62 (2): 581–596. PMID 22023825. doi:10.1016/j.ympev.2011.10.002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2019.
- ↑ 14,0 14,1 Clement, P. "Twite (Carduelis flavirostris)". En del Hoyo, J; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D.A.; de Juana, E. Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 6 June 2015.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Liñaceiro bicoamarelo |
Bibliografía
editar- Clement, Peter; Harris, Alan; Davis, John (1993). Finches and Sparrows: an Identification Guide. Princeton, New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-03424-9.
- Newton, Ian (1973). Finches. The New Naturalist Library 55. New York: Taplinger. ISBN 0-8008-2720-1.
- Perrins, Christopher M. (1987). New Generation Guide to the Birds of Britain and Europe. Austin, Texas: University of Texas Press. ISBN 0-292-75532-5.
Ligazóns externas
editar- Oiseaux - Fotos
- Gravacións de Xeno-canto