Liceo Marítimo de Bouzas

O Liceo Marítimo de Bouzas é un club náutico situado en Bouzas, Vigo.

Liceo Marítimo de Bouzas
CidadeBouzas, Vigo
Fundado1907
Sitio web
Sitio web oficial

Anualmente organiza varias competicións acuáticas, así como unha cantidade importante dos actos culturais que se celebran en Bouzas.

Historia editar

Foi fundado en 1907 trala fusión de dúas sociedades máis antigas, o Liceo e o Casino, dando lugar ao Liceo Artístico y Recreativo de Bouzas,[1] estando situado ao principio nunha antiga fábrica de salgadura, en Barreras.[2] En 1964 adoptou o actual nome e en 1971, trasladouse ao edificio onde se atopa hoxe, converténdose co paso do tempo no segundo club náutico máis antigo de Galicia, só por detrás do Real Club de Regatas de Vilagarcía de Arousa.

O club tivo varias seccións deportivas ao longo dos anos, como o Rápido de Bouzas, sección de fútbol que en 1917 converteuse nun club independente, ou a sección de balonmán, activa entre os anos 60 e 70. A finais dos 70 e comezos dos 80 creáronse as seccións de remo e vela, e o regatista Rodrigo Andrade Olivié deulle ao club o seu primeiro título internacional, ao proclamarse campión do mundo da clase Vaurien.[2]

Instalacións editar

O Liceo conta con 300 prazas de amarre en pantaláns e 95 nas súas cadeas de fondeo, e cun guindastre cunha capacidade de carga de máis de 12 toneladas.

Actividade deportiva editar

Ten actividade nos deportes de vela, piragüismo e pesca. Organiza dúas regatas do calendario galego de vela de cruceiro: a regata "Vila de Bouzas", desde 2005, e a regata en solitario e a dous "Volta ás Cíes", desde 2006. Ademais conta con escolas de vela (lixeira e de cruceiro) e pesca.

Premios e galardóns editar

Notas editar

  1. Concello de Vigo & Fundación Vigueses Distinguidos 2012, p. 140.
  2. 2,0 2,1 "Historia del Club". Liceo Marítimo de Bouzas (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  3. "Medalla de Vigo para la Policía Local y la Rede de Mulleres" (en castelán) (Vigo ed.). 22 de marzo de 2007. p. 4. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar