Real Club de Regatas de Galicia

club náutico de Vilagarcía

O Real Club de Regatas de Galicia é un club náutico situado en Vilagarcía de Arousa. Fundado en 1902, é o club náutico máis antigo de Galicia.

Real Club de Regatas de Galicia
CidadeVilagarcía de Arousa
Fundado1902

Historia editar

Foi fundada en 1902 absorbendo outra entidade chamada La Peña. O seu primeiro presidente foi John Trulock, avó de Camilo José Cela, e entre os seus promotores estaban o vicecónsul do Reino Unido, Reginald Cameron-Walker, e o armador, consignatario e, máis tarde, alcalde de Vilagarcía, Pío Carrasco Iglesias.[1] En 1905, o rei Afonso XIII concedeulle o título de Real e o permiso para utilizar o seu escudo de armas.[1] En 1913 púxose en marcha a Semana Náutica de Vilagarcía, que foi a primeira semana náutica en España e que ofrecía un premio de 1000 pesetas, unha importante cantidade para a época.[1][2]

Regatas editar

Organiza anualmente a Regata Almirante Rodríguez Toubes de clase cruceiro, desde 1997, e o Trofeo San Roque da clase Snipe, desde 1968.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Luaña, Susana (9 de xuño de 2013). "«El secreto de la sociedad es que sigue igual que hace cien años»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  2. "Real Club de Regatas Galicia de Villagarcía el decano de los náuticos gallegos" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar