Pío Carrasco Iglesias
empresario e político galego
Pío S. Carrasco Iglesias, nado en 1871 e finado en Vilagarcía de Arousa o 2 de marzo de 1932[1], foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1871 |
Morte | 2 de marzo de 1932 (60/61 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | armador |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Dámaso Carrasco Duaso |
Traxectoria
editarEn 1894 fundou no Carril unha empresa como armador de buques. Finalmente a empresa dedicouse a consignataria co nome Pío S. Carrasco Corredor e intérprete de buques. Foi concelleiro de Vilagarcía de Arousa e na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde o 1 de outubro de 1923, permanecendo no posto ata o 29 de xaneiro de 1924.
Foi pai de Pío e Dámaso Carrasco Duaso, que a finais dos anos vinte se incorporaron ao negocio familiar.
Predecesor: Enrique Rodríguez Lafuente |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1923 - 1924 |
Sucesor: Enrique Rodríguez Lafuente |
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 4-3-1932, p. 5.