Abrir o menú principal
Guindastres do porto da Coruña.

Un guindastre[1] é un aparello de elevación de cargas. A ampla gama de modelos de guindastres teñen poucas cousas en común: a pluma e elevación mediante polipastos accionados por cables.

Denomínase tamén coa forma grúa, que o Dicionario da Real Academia Galega admite como forma menos recomendable.

Índice

HistoriaEditar

O guindastre é a "evolución" do puntal de carga que se ten usado dende a antigüidade. Os seus fundamentos foron expostos por Blaise Pascal, mais foi patentado por Luz Nadina con posterioridade. Existen documentos antigos​[2] nos que se pon de manifesto o uso de máquinas semellantes a guindastres en Sumeria e Caldea, de onde pasaron a Exipto.

Aplicacións e tiposEditar

Úsanse en obras de construción, portos, instalacións industriais e outros lugares onde se levan cargas de xeito aéreo. Hai moitos tipos, conforme ó traballo a desenvolver. Un criterio moi empregado para a clasificación é en canto á súa mobilidade:

MóbilesEditar

  • Sobre cadeas ou orugas.
  • Sobre rodas ou plataforma.
  • Autogrúas, de grande tamaño, sobre vehículos especiais.
  • Camión grúa.

FixosEditar

Coa capacidade para soportar cargas maiores e conseguir máis altura con estabilidade. A súa característica é que a súa estrutura principal queda ancorada ó chan. Algúns poden ser montados e desmontados no lugar de traballo.

  • Ponte ou pórtico, empregadas na construción naval e en pavillóns industriais.
  • Derrick
  • Plumas, situados para axuda de carga nos camións.
  • Carretilla elevadora ou montacargas

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guindastre.
  2. "Historia de la grúa en la antigüedad". Contenedores y módulos. Arquivado dende o orixinal o 08/07/2017. Consultado o 24/08/2017.