Lewis Hine

sociólogo e fotógrafo estadounidense

Lewis Wickes Hine, nado en Oshkosh (Wisconsin) o 26 de setembro de 1874 e finado en Hastings-on-Hudson (estado de Nova York) o 3 de novembro de 1940, foi un fotógrafo estadounidense.

Infotaula de personaLewis Hine

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Lewis Wickes Hine Editar o valor em Wikidata
26 de setembro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Oshkosh, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Hastings-on-Hudson, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Universidade de Nova York
Universidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoReformismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsociólogo , fotógrafo , fotoxornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1903 Editar o valor em Wikidata - 1940 Editar o valor em Wikidata
MovementoDocumentalismo e realismo social
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Discogs: 2284159 WikiTree: Hine-414 Find a Grave: 484 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a carreira de Socioloxía na Universidade de Chicago en 1902, que continuaría máis tarde nas universidades de Columbia e Nova York. Nesta última cidade traballa como profesor na Ethical Culture School. Durante eses anos, Hine valora a cámara fotográfica como instrumento para a investigación, para comunicar os seus achados a investigadores e a para a ensinanza aos nenos do seu colexio.

Hine sostiña que a principal misión da fotografía é a arte, os factores estéticos da fotografía, e que os demais obxectivos eran secundarios. Ao momento de tomar fotografías, que realizaba con fins sociolóxicos, víase antes como unha figura artística que coma un científico.

Moi preocupado polas condicións de vida dos menos desfavorecidos, rexistrou a chegada de inmigrantes á illa Ellis, os seus asentamentos en insalubres vivendas, os seus traballos en fábricas e tendas e aos nenos xogando nos cubos de lixo. Hine comprendía a subxectividade das súas fotografías, mais tamén cría que tiñan un gran poder de crítica, chegando a describir as súas obras como «fotointerpretacións». Estas fotografías serían publicadas en 1908 no libro Charities and the Commons.[1]

Grazas a esta imaxes participou máis tarde no Comité Nacional do Traballo Infantil, onde se crearon leis de protección laboral aos menores de idade.[2]

Tamén resaltou calidades positivas como as asistencias da Cruz Vermella en Europa Central.

En 1932 publicou a súa colección Men at Work, un documento fotográfico sobre a construción do Empire State Building.

A súa obra foi doada ao Museo Internacional de Fotografía George Eastman House, en Rochester, no estado de Nova York.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Lewis H. Hine". Encyclopædia Britannica (en inglés). 
  2. "Biografía de Lewis Wickes Hine". Biografías y vidas (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar