Levon Kendall

baloncestista canadense

Levon Maxwell Simon Kendall, nado en Vancouver (Columbia Británica) o 4 de xullo de 1984, é un xogador de baloncesto canadense, que é axente libre. Mide 2,09 metros e pode xogar de ala-pivote e de pivote

Levon Kendall
Información persoal
Nacemento 30 de abril de 1984 (39 anos)
Vancouver, Columbia Británica
Nacionalidade
Altura 2,09 m (6 ft 10.25 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
Universidade Pittsburgh (2003–2007)
Carreira dende 2007
Historial de equipos

Grecia Panionios (2007–2009)
Grecia Maroussi (2009–2010)
Galicia Obradoiro (2010–2013)
Alemaña Alba Berlín (2013–2014)
España Gran Canaria (2014–2015)
Porto Rico Brujos de Guayama (2016)
España Estudiantes (2016)

Traxectoria editar

Ademais de interesarse polo basket, xogou ao fútbol ata a High School, onde compaxinou ambos deportes. Como futbolista xogou dous anos no equipo de Kitsilano, na demarcación de porteiro, gañando a medalla de prata nos nacionais sub-15 do 1998, e tres campionatos provinciais.

No 2002 graduouse pola Kitsilano High School de Vancouver (British Columbia), en cuxo equipo xogou tres anos baixo as ordes de Simon Dykstra. Ese mesmo ano, nomeárono deportista do ano da mainland de British Columbia, tras ter unha media de 23,2 puntos, 13 rebotes e 3,2 asistencias por partido no seu derradeiro ano. Rematou a High School liderando aos Kitsilano Blue Demons cara a unha xeira de 84-4, que lle serviu para lograr tres campionatos provinciais e multitude de recoñecementos.

A tempada 2002-2003 pasouna como redshirted player, e non xogou. Foi na seguinte na que comezou a xogar, aínda que non viu moito xogo: promediou 5.6 minutos por partido. A súa participación cos Pittsburgh Panthers, da Universidade de Pittsburgh, iría medrando en tempadas vindeiras, promediando 13.9 minutos por partido na 2004-2005, 23.8 na 2005-2006 e 26.0 na 2006-2007, na que participou coma titular en 30 de 33 encontros. Graduado en antropoloxía, presentouse ao draft da NBA dese ano, non sendo escollido por ningunha franquía.

Así pois, comezou a súa carreira overseas na liga de baloncesto grega, tras asinar co Panionios, equipo co que chegou a xogar a Eurocup (6.1 puntos e 4.5 rebotes por partido) e a Euroliga (4.4 puntos e 2.7 rebotes por partido). No campionato doméstico, conseguiron ficar no 4º posto na tempada 2007-2008 e no 6º posto na tempada 2008-2009, movéndose Kendall en números similares aos de competición europea. Logo desas dúas tempadas, firmou polo Maroussi, co que tamén xogou a Euroliga (5.8 puntos e 2.5 rebotes), rematando no 3º lugar, tan só por detrás de Panathinaikos e Olympiakos.

Finalizada a súa etapa en Grecia, fai as maletas para asinar polo Obradoiro CAB galego, recentemente descendido á Liga Adecco LEB Ouro dende a Liga ACB. Comandados por Moncho Fernández, o equipo firma o mellor arranque da historia do campionato, cun récord de 13-0. Remataron a liga regular coma segundos, a pesar de gañarlle os dous encontros (máis a Copa Príncipe) ao CB Murcia, que foi o primeiro e, por tanto, ascendido directamente á máxima categoría. Mentres, o Obradoiro tería que gañar a súa praza saíndo vitoriosos no playoff, como así aconteceu. Levon Kendall tivo un papel destacado dita tempada, promediando 8.9 puntos e 4.7 rebotes por partido na liga regular, índose a 9.5 puntos por partido nos playoff polo ascenso.

Tras non facer efectiva a cláusula para rescindir o contrato tanto o xogador coma o club, Levon Kendall continuará na disciplina do Obradoiro ás ordes de Moncho Fernández, co obxectivo de salvar a categoría. A achega do xogador canadense antóllase fundamental.

En 2005, Kendall liderou á selección júnior do Canadá no Campionato Mundial Júnior Mar del Plata, no que chegaron a conseguir a primeira medalla da historia da selección fronte Australia. Nese partido anotou 16 puntos e colleu 9 rebotes. Nese mesmo campionato, tamén venceron aos seus veciños estadounidenses por 93-90, necesitando un tempo extra. Nese encontro, Kendall fixo 40 puntos (con 16/22 en tiros de campo) e colleu 12 rebotes. Dende aquela xoga coa selección absoluta do Canadá, representando ao seu país no Campionato FIBA Américas de 2005, 2007, 2009 e 2011, e no Campionato Mundial da FIBA no ano 2010.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar