Leandro Carré Brandariz

escritor, xornalista e militante libertario galego

Leandro Carré Brandariz, nado en Porto o 15 de febreiro de 1913 e finado o 21 de maio de 1937, foi un escritor, xornalista e militante libertario galego.

Leandro Carré Brandariz
Nacemento15 de febreiro de 1913
Lugar de nacementoPorto
Falecemento21 de maio de 1937
Lugar de falecementoPrincipado de Asturias
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiLeandro Carré Alvarellos
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Leandro Carré Alvarellos, foi profesor na Escola de traballo da Coruña. Era partidario da actuación política da CNT e defensor en solitario do Estatuto de Autonomía no sindicalismo. En 1934 abandonou a CNT e ingresou no Partido Sindicalista. Un ano despois afiliouse ao Partido Galeguista. Colaborador de Solidaridad Obrera, Trabajo e A Nosa Terra, asinaba as súas colaboracións co pseudónimo Fausto Brand (abreviatura do seu segundo apelido Brandariz).

Foi mobilizado polo exército franquista en outubro de 1936 e destinado a Asturias, onde morreu en estrañas circunstancias. O seu pai procurou o cadáver sen éxito, sendo detido ao volver á Coruña en agosto de 1937.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar