O reiciño de Galicia

(Redirección desde «Le Petit Roi de Galice»)

O reiciño de Galicia[1] ou O reiciño de Galiza[2] (en francés: Le Petit Roi de Galice) é unha epopea incluída na primeira serie da colección de poemas La Légende des siècles (1859) do escritor francés Victor Hugo. Está inspirada na historia de García II de Galicia.[3] O poema relata a tentativa de usurpación do reino a Nuno, fillo de García de Galicia.[4]

O reiciño de Galicia
Nuno, fillo de García, no debuxo de Eugène Grasset para Le Petit Roi de Galice (1870-1904).
Título orixinalLe Petit Roi de Galice
Autor/aVictor Hugo
OrixeFrancia
LinguaFrancés
ColecciónLa Légende des siècles
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia Editions du Seuil
Galicia Edicións Laiovento
Data de pub.Francia 1859
Galicia 1998
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas135
ISBNISBN 84-89896-17-8
TraduciónHenrique Harguindey
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Henrique Harguindey e foi publicada pola Edicións Laiovento no ano 1998.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Harguindey dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[5] En 2022 Laiovento publicou unha nova edición na colección Ventoalto.[2]

En 2023 unha adaptación en banda deseñada de Inacio Vilariño e Iván Suárez foi publicada polo Demo Editorial. Recibiu o Premio Deputación da Coruña a proxectos sobre o Reino de Galicia 2022.[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar