Lasiorhinus

xénero de mamíferos

Lasiorhinus
Uombats de fociño peludo

Rango fósil: mioceno - actualidade

Lasiorhinus latifrons
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Superorde: Australidelphia
Orde: Diprotodontia
Suborde: Vombatiformes
Familia: Vombatidae
Xénero: Lasiorhinus
Gray, 1863
Especies e Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Wombatula Iredale & Troughton, 1934 [1]

Lasiorhinus é un xénero de mamíferos marsupiais da orde dos diprotodontes, suborde dos vombatiformes e familia dos vombátidos,[1] coñecidos na bibliografía internacional como uombats de fociño peludo.

Na actualidade sobreviven dúas especies deste xénero, que viven nos bosques das montañas de Australia, onde escavan grandes tobos: o uombat de fociño peludo do norte e o uombat de fociño peludo do sur.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1863 polo zoólogo británico John Edward Gray en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 3, 11: 458, sendo a súa especie tipo Lasiorhinus mcoyi (= Phascolomys latifrons Owen, 1845 = Lasiorhinus latifrons Owen, 1845).[1]

Etimoloxía editar

O termo Lasiorhinus está formado polos elementos do latín científico lasio-, tirado do grego antigo λάσιος lásios, 'peludo' e -rhinus, derivado do grego antigo ῥίς ῥινός rhís, rhinós, 'nariz'. Literalmente: 'os do nariz peludo'.[2]

Especies editar

Segundo o Mammal Species of the World na actualidade recoñécense as seguintes dúas especies, coas subespecies indicadas:[1]

  • Lasiorhinus krefftii (Owen, 1873) - uombat de fociño peludo do norte.
    • Lasiorhinus krefftii krefftii Owen, 1873 [3]
    • Lasiorhinus krefftii gillespiei DeVis, 1900 [4]
    • Lasiorhinus krefftii barnardi Longman, 1939 [5]
  • Lasiorhinus latifrons (Owen, 1845) - uombat de fociño peludo do sur.

O uombat de fociño peludo do norte, que antigamente vivía en numerosas rexións áridas e semiáridas de Australia, desde o centro-sur de Nova Gales do Sur até o centro de Queensland, está actualmente restrinxida ao Parque Nacional Epping Forest, onde ten unha área de dispersión dunhas 500 ha.[6]

 
Lasiorhinus krefftii.

A súa poboación actual (2016) é de tan só 115 animais, e caera a 30 ou 40 individuos na década de 1980, pero a exclusión do gando en 1982 conducíu a un aumento constante no número de individuos. Os períodos de seca poden reducir grandemente a poboación. Por iso a UICN cualificou o status desta especie como CR (en risco crítico de extinción).[6]

En cambio, o status do uombat de fociño peludo do sur, que está amplamente distribuído no sur de Australia do Sur, ao oeste do río Murray, e parcialmente distribuído nas penínsulas de Cabo York e de Eyre, e tamén está presente na chaira de Nullarbor en Australia Occidental, e con dúas pequenas colonias en Nova Gales do Sur é cualificado como LC (pouco preocupante), debido a que a súa área de dispersión expandiuse nos últimos 45 anos, e aínda que hai gromos esporádicos de sarna sarcóptica, que sofre a competencia dos herbívoros introducidos, é susceptíbel á seca, e a súa poboación está moi fragmentada en partes da súa área de dispersión, a especie ten unha distribución ampla, a súa poboación é grande, encóntrase nun bo número de áreas protexidas, polo que non é probábel que a diminución dos seus efectivos alcance a velocidade necesaria como para cualificala nunha categoría ameazada.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lasiorhinus no MSW.
  2. Lasiorhinus no Webster's Third New International Dictionary of the English Language. ISBN 978-0-8777-9201-7.
  3. Lasiorhinus krefftii krefftii en MSW
  4. Lasiorhinus krefftii gillespiei en MSW.
  5. Lasiorhinus krefftii barnardi en MSW.
  6. 6,0 6,1 Taggart, D.; Martin, R. & Horsup, A. (2008): Lasiorhinus krefftii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 1 de maio de 2016.
  7. Taggart, D. & Robinson, T. (2008): Lasiorhinus latifrons na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 1 de maio de 2016.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar